Fecoht Informa

Fecoht Informa

02 mayo 2011

PREVISEL, 6º SALON DA PREVENCIÓN E A SEGURIDADE LABORAL,




HORARIO: MARTES 3 Y MIERCOLES 4 DE MAYO EXPOURENSE

Martes 3 : 10:00 - 14:00 16:00 - 20:00

Mércores 4: 10:00 - 14:00 16:00 - 20:00

XORNADAS COMPLEMENTARIAS

Consulte aquí as ACTIVIDADES que vai realizar PROTECCIÓN CIVIL.

Consulte o PROGRAMA da XORNADA sobre a Prevención de Riscos Laborais no ámbito dos COLEXIOS PROFESIONAIS.


A consolidación da cultura preventiva, a mellora da calidade na prevención e a mellora continuada dos medios de protección a través do investimento en I+D+i son xa unha realidade.

A prevención de riscos laborais debe formar parte da cultura de toda empresa, así como da formación dos seus traballadores, co traballo dos distintos axentes do sector.

En Previsel, Salón da Prevención e da Seguridade Laboral, daranse cita todos eles na súa sexta edición, convertida xa nun referente na nosa comunidade.

Esta cita servirá para que Administración, Patronal e Sindicatos continúen aunando esforzos no fomento da cultura preventiva e hábitos saudables, eixos nos que sempre é preciso seguir traballando.

Previsel voltará converterse nun punto de encontro de provedores e distribuídores e nunha magnífica oportunidade para os profesionais do sector de intercambiar experiencias e actualizarse en canto ás novidades técnicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario