Fecoht Informa

Fecoht Informa

16 mayo 2011

CONTINÚAN OS DESPEDIMENTOS EN CARREFOUR






Dende CCOO queremos en primeiro lugar poñer de manifesto a nosa solidariedade cos traballadores e traballadoras afectados polos despedimentos en Carrefour.

Días atrás 3 traballadoras da charcutería foron despedidas por “picotear “ en horario laboral, feito que constitúe un incumprimento por parte do persoal, pero que sin embargo, resulta ser unha práctica habitual entre traballadores e mandos da empresa dende a apertura do establecemento e coñecida e consentida pola dirección.

Cabe destacar que dúas das traballadoras contaban con 18 anos de antigüedade na empresa e outra con 11 anos, e que foron reenmplazadas por outros traballadores con contratos fomativos.

Os citados despedimentos do persoal base non acompañan indemnización algunha mentres que os ceses de mandos que recentemente se produciron, foron acompañados de sustanciosas indemnizacións, o que pon de manifesto a mala fé coa que actúa esta multinacional.

Dende CCOO denunciamos que Carrefour está a desprenderse paulatinamente dende os últimos anos, dunha porcentaxe altísima da súa plantilla, o cal non deixa de ser un ERE encuberto

O noso sindicato non vai consentir que este tipo de accións por parte desta empresa queden sen reposta , polo que realizaremos unha CONCENTRACIÓN ás portas do Hipermercado o próximo xoves 19 de maio, ás 18.00h, para reclamar que a empresa cese nos seus plantexamentos que atacan seriamente a dignidade e os dereitos dos traballadores que durante tantos anos prestaron servizos con lealtade.



Federación de Comercio Hostelería e Turismo de CCOO de Galicia.


Iria Deibe Suárez- 660094510

No hay comentarios:

Publicar un comentario