O día 4 de maio celebrouse en Salamanca o VII Congreso da Sección Sindical Estatal de Paradores de Turismo no que se aprobou o informe de xestión e foi elixido secretario xeral Enrique Sánchez. Ó acto asistiron 76 delegados e delegadas de todo o estado é o secretario xeral de Sicoht Salamanca, Isidoro Martín, a secretaria xeral de Servicios Privados de Castilla León, Inmaculada de Pablo e o secretario xeral de Fecoht, Javier González Martino, que deron a benvida a tódolos asistentes.
No debate do congreso repasouse o último proceso electoral, no que CC.OO. conseguiu revalidar a maioría absoluta, e o traballo realizado nestes últimos catro anos. Ademais concretouse o traballo a realizar no futuro, no que se porá especial énfase nó área de acción sindical, encamiñada a resolver os problemas dó día a día e a propoñer avances nás condicións dos traballadores e traballadoras de esta empresa.
Outro punto foi o Convenio Colectivo de Paradores. Neste contexto, o traballo para o próximo mandato estará precedido por un claro obxetivo, a defensa do emprego e as condicións de traballo que se determinaron no convenio e que queremos seguir enchendo de contido, tendo como principal reto en inicio sacar a diante o convenio do ano 2010 que a estas datas aínda se está a negociar.
Tamén se debateu a situación da negociación do plan de pensións, a saúde laboral, a formación e o plan de igualdade.Unha vez rematadas as ponencias procedeuse a votación da única candidatura presentada para a elección da nova Comisión Executiva, encabezada por Enrique Sánchez, o que foi elixido por un 81% dos asistentes o Congreso.
Ademais do Secretario Xeral foron elixidas 10 persoas que formarán parte da Comisión Executiva, entre as que se atopan Jorge Carneiro, do Parador de Baiona, e Anabel Cortés do Parador de Santo Estevo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario