O pasado venres CCOO interpuxo a impugnación arbitral do proceso de Dia Sa. motivada pola non proclamación da canditadatura presentada polo noso sindicado.
Como ocorreu noutras provincias é enorme o interés que ten a empresa e Fetico en apartarnos do proceso, e para elo demostraron durante estes días que todo vale para deixar a CCOO fóra do proceso.
Comezaron os problemas para o noso sindicato no propio día de presentación de candidaturas, xa que a mesa en principio se negou a recollela, alegando que estaba fora de prazo. O calendario que se nos entregou non marcaba hora de entrega e simplemente apuntaba o día 23 de maio como data tope de presentación das canditaruras. A mesa, dirixida e aleccionada pola empresa , manifestounos que a partires das 17 horas non recibiciría más candidaturas xa que así o decidiran nunha xuntanza mantida días atrás, feito do cal CCOO non recibiumos comunicación algunha.
Finalmente e despois dunha longa espera de aproximadamente 2 horas, a secretaria da mesa recibiunos a candidatura inda que mantivo que a lista presentada por CCOO estaba fora de prazo ó ser presentada ás 17.40 horas.
O día da proclamación das canditaruras curiosamente desaparece o problema do prazo establecido para a presentación, xa que a mesa non fai alusión a este dato e non manifesta en ningún momento que a candidatura estivese fora de prazo, nin que estivese establecido un horario como tope para a presentación.
Pero aparecen outros problemas...a candidatura de CCOO foi presentada con 10 membros (9 postos a cubrir) pero algúns dos nomes da nosa lista en concreto 5 persoas, renunciaron e ratificaronse en varias ocasións, debido á presión á que están sometidas, por parte de Fetico e da empresa.
A mesa, manifesta non ter clara a vontade destas persoas e decide diclucidar o asunto chamando por teléfono ás 5 interesadas. Tras o contacto telefónico, renunian a formar parte da candidatura de CCOO 4 traballadoras , mentres que 1 mantense na candidatura, polo que a lista de CCOO queda conformada por 6 persoas.
A mesa neste momento decide non admitir a candidatura de CCOO por non contar con tantos candidatos como postos a cubrir, e manifesta na acta que a considera como non presentada, sen facilitarnos prazo de subsanación e deixando ó noso sindicato sen opción a estar no proceso.
E chegados este punto e á vista de que a mesa non contesta a ningunha das solicitudes formuladas por este sindicato, procedemos o pasado 27 de maio á impugnación arbitral, solicitando a nulidade do proceso electoral.
Dende CCOO queremos agradecer a participación de todas as persoas que firmaron as nosas candidaturas, xa que somos conscientes de que a presión á que están sometidas é moi forte, e tamén queremos agradecer a todas as persoas que diariamente nos están pedindo que traballemos duro facernos un oco no Comité de empresa, e facerlle fronte a Fetico- empresa. E ese é o noso compromiso, traballar arreo para que CCOO acade a representación que precisa para levar a cabo un traballo real e eficaz en prol dos dereitos das traballadoras, e que solucione as problemáticas ás que se ven sometidas.
-
Saúdos.
Iria Deibe Suárez.
Federación de Hostalería, Comercio e turismo de CCOO.
660094510 - 61368.
982231975/01.
Ronda da Muralla nº 58 - 5º Andar.
27003 Lugo
No hay comentarios:
Publicar un comentario