Fecoht Informa

Fecoht Informa

24 julio 2013

Huelga Hotel Puerta del Camino Santiago de Compostela

Os traballadores e traballadoras do Hotel Puerta del camino comenzaron no día de hoxe inha folga que se mantendrá ata o día 25 ás 24:00h.


O persoal rexeita a aplicación unilateral dun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) por parte da empresa, especialmente por chegar en plena campaña de verán. Isto está a provocar que o persoal actual deba realizar horas extraordinarias.

Este incremento da carga de traballo está a repercutir negativamente sobre os traballadores e traballadoras —incúmprese a normativa básica en materia de prevención de riscos laborais— e empeora a calidade do servizo.

Por outra parte, denuncian os constantes atrasos no pagamento dos salarios —por exemplo, a última nómina leva case un mes de atraso—, así como as constantes excusas e dilacións por parte da dirección para non proceder ao pagamento das dúas pagas extras do ano 2012.




No hay comentarios:

Publicar un comentario