Chámome Pablo Martínez
González e até este mes “era” traballador de Carrefour Vigo II, onde estaba
a traballar dende a súa apertura, e digo “era” polo seguinte:
O 5 de xullo fun
despedido “disciplináriamente” por unha falta considerada moi grave ao “supostamente”
ofrecer o desconto de empregado a unha persoa non beneficiaria do mesmo. Todo
iso sen ser nunca sancionado nin amoestado en todos estes anos de traballo en
Carrefour Vigo II.
En marzo,
Anxo Martínez, responsable de Patrimonio impartiu un curso onde se
informou que que “Se nalgún momento queriamos facer desconto de empregado a un
familiar ou amigo (que non é o caso) non o pagasen con cartón de crédito que o
fixesen en efectivo”. Opción esta última válida para non ter ningún problema.
O 12 de xuño de
2013, acudín na caixa de electro para comprar unha lavadora que desexaba
regalar ao pai dunha amiga por realizar uns traballos no meu domicilio.
Para ese efecto
elixina e mostrei o meu DNI á caixeira. Mentres esta preparaba a documentación
de envío retireime do Carrefour a cambiarme xa que entraba a traballar en
poucos minutos na quenda de tarde. Entregueille o diñeiro ao pai da miña amiga
e este finalizou a operación.
CONSECUENCIA:
Despedido por comprar en Carrefour. Os meus delitos?, Ser xeneroso por facer un
agasallo a un amigo, facer uso dun beneficio de empregado (dto. De empregado) e
o máis importante Comprar en Carrefour, tendo tanta oferta comercial en Vigo.
Non recibindo
amoestación anterior non podo entender como poden proceder a outorgarme a maior
sanción posible o "despedimento". Cando había outras opcións tales
como a suspensión de emprego e soldo de dezaseis a setenta días. Medida que si
aplicaron á caixeira que me atendeu.
Andrea Alonso Pousada filla do que recibiu o agasallo, traballadora
da empresa de seguridade tamén foi despedida por orde do director de Carrefour.
Podería estar
preparado para un despedimento por causas económicas dada a situación de crise
pola que está a pasar o país. Pero non podo pasar por un despedimento
disciplinario despois de estar desde a apertura do centro extralimitándome nas
miñas funcións sen pedir nunca nada a cambio e sentíndome totalmente
decepcionado por unha empresa que a día de hoxe non me deu opción a
réplica.
Eu e a miña
contorna, seguiremos manifestándonos pola miña readmisión e a de Andrea, e a
anulación de todas as sancións, TODO NON VALE, hoxe fomos nós, mañá PODE SER
CALQUERA DE VÓS, queremos unha contorna laboral libre deste tipo de “represalias”
máis propias doutra época.
No hay comentarios:
Publicar un comentario