Fecoht Informa

Fecoht Informa

10 julio 2013

CCOO Luchará por las 30.000 personas que se quedan sin convenio en Galicia

CCOO dará a batalla sindical e xurídica para evitar que case 30.000 persoas queden sen convenio en Galicia
  • Remata a vixencia de vinte e dous convenios denunciados antes da entrada en vigor da reforma laboral
Hoxe, 8 de xullo, remata a vixencia de vinte e dous convenios que foron denunciados antes da entrada en vigor da Lei 3/2012, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral. Comisións Obreiras (CCOO) anuncia que dará a batalla sindical e xurídica para evitar que case 30.000 persoas perdan a protección que lles outorga o seu convenio.


O secretario de Acción Sindical de CCOO, Xesús Castro, prevé un período de incerteza e litigación coa fin da vixencia destes convenios e a consecuente perda de dereitos. Para evitalo, o sindicato traballou ata o pasado venres con outras organizacións e coa patronal para lograr un acordo en Galicia similar ao asinado o pasado maio no Estado, pero non foi posible.

O que si se logrou, nalgúns casos, foi pactar unha prórroga do período de negociación dos convenios. No resto, será necesario analizar caso por caso as medidas que se adoptarán, recorrendo, se for preciso, á interposición de demandas colectivas nas empresas afectadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario