CCOO mostra a súa consternación polo gravísimo accidente ferroviario e a súa solidariedade coas vítimas
Ante as informacións sobre a magnitude do gravísimo accidente ferroviario nas inmediacións de Santiago de Compostela, desde o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia quérese mostrar toda a solidariedade posible nestes durísimos momentos coas vítimas e coas súas familias.
Á espera de máis información, CCOO súmase ao chamamento solidario solicitando doazóns de sangue, e desde o sindicato apélase á responsabilidade institucional para que as vítimas reciban toda a atención necesaria nestes primeiros momentos despois do gravísimo accidente. Así mesmo, esixe que se poñan en marcha os protocolos previstos de investigación das causas de accidente
No hay comentarios:
Publicar un comentario