Fecoht Informa

Fecoht Informa

13 junio 2013

Comunicado Convenio Comercio Vario a Coruña 2013


INFORMACIÓN COMERCIO VARIO PROVINCIA DA CORUÑA

13 DE XUNIO DE 2013

Desde a primeira reunión que mantivemos coas patronais do Comercio Vario da Coruña, puxemos encima da mesa a nosa vontade de ser sensibles na negociación ás diferenzas existentes entre as empresas que conforman este convenio, pero sempre cunha clara vontade de manter como actualmente un para todo o comercio.

Con este fin, a semana pasada presentouse por parte das tres centrais sindicais que o negocian CCOO, UGT e CIG, unha plataforma conxunta baseada no convenio actual, pero aberta a recoller as diferentes sensibilidades entre o pequeno comercio e as grandes empresas, co fin de evitar unha competencia desleal entre unhas e outras que puidese terminar perxudicando aos traballadores e traballadoras.

No día de hoxe as patronais que acoden á mesa negociadora, presentáronse á reunión con diferentes intencións.

Algunha cunha idea clara de dividir de novo o sector en diversos convenios ou en todo caso en dous, un de grandes empresas e outro para o pequeno comercio. Outras cunha rebaixa de condicións sobre o actual, que o único que parece pretender é arranxar os problemas económicos que pode ter algunha empresa en particular a costa das condicións salariales e sociais dos empregados e empregadas.

Logo de moito criticar as actuacións dos empresarios chineses con respecto ao tratamento ao seu persoal, parece que a única solución que ven cara á resolución dos seus problemas é a de igualarnos a eles nas súas condicións laborais.

Quéixanse da falta de consumo, de que non ingresan diñeiro nas súas tendas porque non hai clientes e pola subida de impostos.

Pois ben, nós entendemos que se equivocaron de obxectivo e interlocutor.

De obxectivo, porque rebaixar salarios e condicións sociais só precariza cada vez máis aos traballadores e traballadoras, impedindo que estes poidan destinar unha parte dos seus ingresos ao consumo e abocando ás empresas de comercio á pechadura.

De interlocutor, porque si teñen que falar de impostos o seus interlocutores deben ser de outros foros e non os da representación dos traballadores nesta mesa.

Durante os próximos días, convocaranse mediante follas informativas asembleas de traballadores e traballadoras para entrar en máis detalle sobre as propostas das Patronales e para que decidamos entre todos e todas que medidas debemos tomar para que o convenio saia adiante.

Esperamos contar con todas e todos vos, porque a vosa participación é moi importante e por eso as asembleas faranse nas comarcas de Coruña, Santiago e Ferrol, dentro duns horarios que permitan a vosa asistencia fóra da xornada laboral.

 CONSULTA TODA A INFORMACIÓN ACTUALIZADA EN
FACEBOOK-TWITTER-BLOG DE FECOHT GALICIA
CCOO A FIRMEZA SINDICAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario