Fecoht Informa

Fecoht Informa

28 junio 2013

CC OO sinala que o comercio vario coruñés irá á folga o 1 de xullo para frear a pretensión da patronal de recortar dereitos

CC OO sinala que o comercio vario coruñés irá á folga o 1 de xullo para frear a pretensión da patronal de recortar dereitos
Afecta aos comercios de téxtil, calzado, ópticas, multiprezos, material eléctrico e construción

28-6-2013.- A secretaria xeral da Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de Comisións Obreiras de Galicia (FECOHT-CC OO), Isabel Castaño, sinala que o comercio vario da provincia da Coruña irá á folga o próximo 1 de xullo para impedir que a patronal do ámbito recorte dereitos laborais.
O comercio vario agrupa o de téxtil, calzado, ópticas, multiprezos, material eléctrico e construción, e a folga, convocada conxuntamente por CC OO, UGT e CIG, conta co apoio do persoal, que nas asembleas dos pasados 19 e 25 de xuño ratificou esta medida de presión.
Isabel Castaño asegura que «están en xogo as condicións laborais no sector», xa que a patronal se amparou na reforma laboral para rexeitar que o actual convenio continúe vixente mentres se manteñen as negociacións para pactar un novo texto. A isto cómpre sumar que a proposta empresarial é «retrógrada», pois «devólvenos a unha situación de moitos anos atrás».
A secretaria xeral de FECOHT-CC OO de Galicia lembra que levan xa dous anos intentando chegar a un acordo de renovación do convenio, pero as diferentes patronais impedírono. Reprochoulles, ademais, que non todas estean presentes nas negociacións, o que causa tamén un problema de «falta de lexitimidade».
Por último, Isabel Castaño lembra que moitas das empresas do sector están nunha «boa situación económica», razón pola cal cre que «intentan aproveitar a conxuntura da crise para aumentar beneficios á custa de recortar dereitos laborais».
Piquetes informativos
Haberá piquetes informativos no centro comercial Catro Camiños (A Coruña) ás 8:30 e ás 9:30 na praza Roxa (Santiago de Compostela) e no centro comercial Odeón (Ferrol).


+ Para máis información:
- Isabel Castaño, secretaria xeral de FECOHT-CC OO: 626 100 310

No hay comentarios:

Publicar un comentario