Falamos dun proceso inciado en maio de 2011 e que foi obxeto de 6 laudos e 4 sentencias, produto dos numerosos e continuos ataques que tanto Fetico como a empresa artellaron, para impedir que CCOO participara neste proceso electoral.
Finalmente a sentencia contra a qeu non cabe recurso, confirmou que a mesa debe dar a oportunidade para qeu CCOO subsane a súa candidatura.
E así o fixemos, o pasado martes presentamos a subsanación de 4 candidatas ( o que fai que a nosa candidatura quede finalmente con 9 membros).
Mañá temos a votación entre as 09.00 e as 15.00 horas con dúas mesas itinerantes que recorrerán a provincia.-
A sentencia do xulgado do Social 47/2013 pon fin a un longo proceso
electoral cheo de atrancos para este Sindicato, e permite finalmente a posibilidade a CCOO de concurrir ás próximas
eleccións sindicais.
A sentencia contén interesantes
análises coma os seguintes:
“….en definitiva o anterior é indicativo aparentemente dunha
connivencia para alargar un proceso
electoral de xeito artificial( máis de un ano e medio, 6 laudos arbitrais e
4 sentenzas contando a presente), no que
se introducen todo tipo de dificultades ás restantes organizacións sindicais
coa finalidade de provocar o fastí, esgotamento ou temor ás consecuencias de
perda de traballo ou merma nas condicións laborais por formar parte dunha
candidatura distinta e coa finalidade de que sexa FETICO a única candidatura
que se presenta ás eleccións…., en suma, procede rexeitar a demanda, confirmando
en todos os seus extremos o laudo 6/2012…e poñer
en coñecemento estes feitos á Fiscalía, por se entendese, no seu caso que
os feitos indicados na presente resolución poderían ser constitutivos dun delito contra os dereitos dos
traballadores no ejercicio da liberdade sindical…”
A mesa electoral, en cumprimento
da sentencia e do laudo concedeu a CCOO un prazo de subsanación das
candidaturas que abarca dende hoxe día 25 de febreiro ata o mércores día 27 ás
11.00h.
Do mesmo xeito, a mesa xa marcou a VOTACIÓN o próximo día 1 de marzo nos
seguintes horarios :
ITINERARIO 1- A MARIÑA- VILALBA-LUGO
AVENIDA AMERICAS- RIBADEO ás
11.00h
ÁLVARO CUNQUEIRO- FOZ ás 11.30
horas.
ARCADIO PARDIÑAS 101- BURELA: ás
12.00
PARDO BAZÁN Nº9- BURELA: ás 12.15
h.
MISERICORDIA 20- VIVEIRO: ás
13.00 horas.
AVD. CIUDAD DE LUGO- VILALBA: ás
14.15
AVDA CORUÑA 462- LUGO : ás 15.00
horas.
ITINERARIO 2: LUGO- MONFORTE
AVDA CORUÑA 303- LUGO: ás 09.30
horas.
AVDA CORUÑA 74- LUGO: as10.00
horas.
CALLE ORENSE 83-LUGO: ás 10.30
FONTE DOS RANCHOS 32- LUGO: ás
11.00h.
RUA SAN ROQUE 114-116 LUGO :ás 11.30 h.
MONTERO RÍOS 30-36- LUGO:ás 11.45
h.
AVDA GALICIA 65 – MONFORTE: ás
13.30h
BENITO VICETTO s/n – MONFORTE: ás
14.00
SUPERAMOS
TODOLOS OBSTÁCULOS, E IMOS PARTICIPAR NESTAS ELECCIÓNS SINDICAIS
CONTAMOS
CONTIGO, CONTAMOS CO TEU VOTO
VOTA
CCOO