NON Á DITADURA
EMPRESARIAL EN EROSKI
·
Sabía Vde. que en Eroski-Familia a empresa altera
os horarios dos traballadores cando lle dá a gana?
·
Sabía Vde. que a estas alturas do ano as
traballadoras de Eroski-Familia aínda carecen dun calendario anual para 2013?
·
Sabía Vde. que Eroski-Familia se nega a establecer
un sistema de rexistro de xornada laboral como establece a lei para así poder
move-los horarios e non devolver a maioría das horas extras realizadas?
·
Sabía Vde. que a Inspección de Traballo impuxo unha
SANCIÓN GRAVE a Eroski-Familia por este motivo e que a empresa non rectificou
absolutamente nada?
·
Sabía Vde. que Eroski-Familia en Galiza é unha
empresa que a pesar da crise continúa producindo elevados beneficios (18’65
millóns de euros no último exercicio publicado) e está en pleno proceso de
expansión?
·
Sabía Vde. que Eroski-Familia aumentou o beneficio
bruto un 8’33% no último exercicio?
·
Sabía Vde. que en Eroski-Familia, a pesar deses
excelentes resultados, as traballadoras cobramos entre un 10% e un 15% menos
que nas empresas da competencia?
·
Sabía Vde. que as traballadoras de EROSKI-Familia
ano a ano nos imos afastando máis das condicións laborais dos nosos compañeiros
de sector?
·
Sabía Vde., en fin, que os cartos que non se gastan
en salarios os utilizan para paga-los despedimentos improcedentes que se
producen continua e impunemente?
·
Sabía Vde. que as traballadoras non se negan nin se
atreven a protestar por medo a sancións ou despedimentos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario