NOTA INFORMATIVA CONVENIO COMERCIO ALIMENTACIÓN
As Centrais Sindicais CCOO,
CIG e UGT, lexitimadas para negociar e presentes no convenio, despois da última reunión decidimos
convocar unha ASEMBLEA de sector, para contarvos polo miúdo o que pretenden
estes “caraduras”, pero vos adiantamos algo para que vaiades asimilando:
-
Vixencia,
catro anos, é dicir ate o 2015.
-
Eliminar
a promoción interna, modificar as categorías profesionais.
-
Contratacións,
eliminar calquera limitación.
-
Xornada,
como non poden poñer mais de 40 horas, nola cambian de luns a domingo, si, para
que vaiamos a traballalos todos e todas.
-
Vacacións,
nos eliminan un día.
-
Horas
extras, cambialas por tempo de descanso.
-
Licencias,
os 4 días de asuntos propios pasarán a ser días recuperables.
-
Maternidade,
no coidado de fillo/a queren cambiar a 8 anos en lugar de 10 anos como temos
agora.
-
Asistencia
médica, haberá que recuperar as horas que faltemos.
-
IT,
so se poderá cobrar o 100% de salario cando levemos 2 meses de baixa.
-
Cambiar
as compensacións que temos por mobilidade xeográfica.
-
Eliminar
complementos ad personan.
-
Eliminar
nocturnidade.
-
Eliminar
antigüidade.
E por suposto o incremento
salarial é CERO CERO CERO.
Ante esta agresión tan brutal de perdas de dereito,
de perdas económicas, non podemos estar
calados e caladas, non podemos estar impasibles, debemos reaccionar e espertar
canto antes, polo que convocamos ASEMBLEAS,
que para que asistamos todos e todas, ímola
celebrar en domingo para que todos e todas podamos participar.
ASEMBLEA EN VIGO: DÍA 17 DE FEBREIRO AS 11:30 HORAS NOS
LOCAIS DA CIG, RÚA GREGORIO ESPINO, 47
ASEMBLEA EN PONTEVEDRA: DÍA 17 DE FEBREIRO AS 11:30 NOS
LOCAIS SINDICAIS, RÚA PASANTERÍA.
¡POR UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario