INFORMACIÓN CONVENIO
COLECTIVO
COMERCIO
ALIMENTACIÓN A CORUÑA
“FOLLA INFORMATIVA
Nº2”
Hoxe día 18 de febreiro e unha vez
analizada a plataforma presentada pola patronal, deuse contestación as suas
propostas na reunión de convenio.
Por parte da representación sindical, aportáronse datos económicos con respecto á situación das empresas deste sector, que para nada poden xustificar unha proposta empresarial que recorta dunha forma tan brutal os dereitos do persoal.
Aínda que estamos dispostos ao dialogo, é imposible pola nosa banda asumir cambios tan trascendentais como o traballo obligatorio e sen compensación económica en domingo ou festivo, non pagar as baixas de menos de dous meses ou a eliminación do tempo de bocadillo como tempo efectivo de traballo.
Especialmente si temos en conta que con respecto ao tempo de traballo, sempre
foi unha demanda sindical neste sector, a colocación de sistemas de fichaje
para poder controlar os excesos de xornada diaria.
Convocámonos a unha nova reunión o vindeiro venres 1 de marzo, intentando facerlle entender á patronal que debe acudir a esta cambiando a súa formulación inicial de recortes, porque na situación actual é imposible aceptar as súas pretensións.
O vindeiro mércores día 27, celebraranse asembleas de traballadores e traballadoras nas unións comarcais de Coruña, Ferrol e Santiago, co fin de informar sobre o estado das negociacións e as decisións que se puidesen tomar en función do progreso das mesmas.
Durante esta semana, informarémosvos mediante o BLOG e con reparto de follas informativas nos centros de traballo, do lugar e hora destas asembleas.
Toda
a documentación da negociación colectiva, pódela consultar en,
CCOO A FIRMEZA
SINDICAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario