Fecoht Informa

Fecoht Informa

04 febrero 2013

CCOO Galicia rechaza el Convenio de GGAA

CCOO rexeita o convenio de grandes almacéns
 
CCOO denuncia o contido do convenio de grandes almacéns asinado entre a patronal e os sindicatos amarelos Fasga e Fetico, que se prexudica gravemente as condicións laborais do persoal do sector.




CCOO denuncia que Fasga e Fetico actuaron con «aleivosía e nocturnidade» —o convenio asinouse pasadas as tres da mañá do pasado 31 de xaneiro— á hora de asinar o que xa é o convenio con máis recortes da historia. As únicas organizacións que o asinaron foron, como se indicou, os sindicatos amarelos. O resto de organizacións da mesa negociadora (CCOO, UGT,CIG, LAB e ELA-STV) rexeitárono.

A partir de agora os traballadores e traballadoras do sector, se antes traballaban en precario pasaron «a non ter vida», xa que o novo convenio imposibilita conciliar a vida persoal, laboral e familiar. Ademais, imnguará o salario preto do 10% e as traballadoras e traballadores deberán estar permanentemente aod sispor das empresas. Algúns aspectos lesivos do novo convenio son:

- aumento da xornada anual en 28 horas ao ano
- establecemento dunha distribución da xornada trimestral, que se pode modificar ante calquera imprevisto
- eliminación do pagamento de domingos, que se compensaría unicamente para unha parte das persoas afectadas
- en materia salarial, as vendas aparecen ligadas a un incremento que podería chegar a ser, como moito, do 1%, e sen consolidación no soldo
- conxelación salarial ou mingua do 5% nos centros de traballo nos que descendan as vendas, co que nunha mesma empresa pode haber centros de traballo con salarios máis altos ca outros
- mingua da porcentaxe de domingos a traballar ao 55% dos autorizados, cun mínimo de nove, a condición de que todos os traballadores e traballadoras cuxo contrato sexa de luns a sábado pasen a traballar todos os domingos
- no caso de Galicia, que ten limitados os domingos de apartura, haberá que traballar «case gratis», pois ábrese a porta a que cada empresa, por medio do art. 41 do Estatuto dos Traballadores, poida modificar contrato aos traballadores e traballadoras que teñen contrato de luns a sábado, para así impoñer a obrigatoriedade de traballo en domingo e sen pagalo
- o grupo base amplíase a cinco anos, cunha revisión a tres anos, co que se podería estar oito anos nese grupo
- o salario dos contratos formativos vai ao salario mínimo interprofesional: haberá persoas que se contraten con esta modalidade que van cobrar 450€ aproximadamente por corenta horas de traballo, na liña dos famosos minijobs.

CCOO seguirá defendendo ata o final que este non é o convenio que os traballadores e traballadoras do sector merecen. Estamos nun sector onde a maioría das empresas, por non dicir a totalidade, teñen beneficios, o que non xustifica baixo ningún concepto que se deteriore desta forma tan abusiva as condicións laborais no sector.
Comisións denuncia o papel de "comparsa sindical" que realizaron os sindicatos que asinaron un convenio que non dá ningún dereito e que produce perdas salariais e sociais para os traballadores e traballadoras. Así as cousas, CCOO continuará pelexando para combater este convenio pola vía xurídica ou calquera outra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario