CONCENTRACIÓNS EN GALICIA
CONTRA DO CONVENIO DE GG.AA.
O convenio asinado polos pseudo-sindicatos
Fetico e Fasga, é unha total falta de respecto aos
traballadores e traballadoras deste sector. Este convenio vén a demostrar, o
que levamos dicindo desde CCOO durante moitos anos, Fetico e Fasga están ao
servizo da patronal de ANGED. A súa cor é de amarelo destintado, non teñen
ningunha liña vermella que non poidan traspasar, e van de forma directa e clara
contra os intereses dos seus afiliados e
afiliadas, e de forma xeral contra todos os traballadores e traballadoras dos
Grandes Almacéns. (Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés, AKI, Leroy Merlin, Makro, Eroski, C&A…)
Combater estas tácticas de engano e
desenmascarar a estos grupos, é un dos nosos obxectivos prioritarios, pero
tamén e sobre todo, a defensa dos nosos dereitos e a denuncia deste ataque sen
precedentes, deste convenio que nos fai regresar ao pasado, recortándonos
ingresos, traballando máis horas e incluso os domingos e feirados de balde.
Como resposta á clara agresión contra os
dereitos dos traballadores e traballadoras de Grandes Almacéns, as CCOO imos continuar coas
mobilizacións en todo o Estado. Na
Galiza, xunto ás centrais sindicais da CIG e da UGT, imos comezar coas concentracións convocadas para o
Martes 5 de Marzo.
O calendario previsto é o seguinte:
A
CORUÑA
·
MARTES 5 DE MARZO
18:00h. CONCENTRACIÓN DIANTE DE "EL CORTE INGLÉS"
E SEDE DE FETICO.
VIGO
·
MARTES 5 DE MARZO
11:00h.
CONCENTRACIÓN DIANTE DAS SEDES DE FETICO E
FASGA
18:00h.
CONCENTRACIÓN EN CARREFOUR CENTRO COMERCIAL
GRAN VIA
LUGO
·
MARTES 5 DE MARZO
19:00h.
CONCENTRACIÓN EN CARREFOUR
Para descargar o díptico
No hay comentarios:
Publicar un comentario