Vía Edison,
1-1ºC. Polígono del Tambre
15890-Santiago
de Compostela
http://fecohtgalicia.blogspot.com
|
AL PERSONAL DE DIA-TWINS PROVINCIA DE A CORUÑA
O convenio colectivo
de DIA-TWINS no seu artº14, di expresamente:
Que os traballadores/as a tempo parcial teñen preferencia para ampliar xornada sobre as novas contratacións.É unha norma habitual da empresa o saltarse este artigo e incumplilo constantemente.
Dende CCOO,
non entendemos a razón de realizar novas contratacions de persoal a tempo
completo sen antes preocuparse de ofrecer esta posibilidade ás traballadoras e
traballadores que levan anos na empresa a tempo parcial, esperando a
oportunidade de ver incrementadas as súas horas de traballo e xa que logo o seu
salario.
Aínda é menos comprensible e inxustificable cando a empresa
comprométese a facelo no Convenio Colectivo que asinou e ademais é un agravio, para quen durante moitos anos, deixouse a pel nas
tendas, demostrando a súa capacidade de traballo.
Non
existe unha razón real para dicirlle
a un traballador ou traballadora cunha antigüidade de moitos anos na
empresa que serve perfectamente para
deslomarse a tempo parcial, pero non serve para mellorar a súa situación
laboral e pasar a ter un contrato de tempo completo cun salario digno.
Menos desculpa cando a resposta da
empresa é que non o fan porque non teñen coñecemento de que haxa persoal
interesado en incrementar as súas horas de contrato.
CCOO, denunciou ante a Inspección de Traballo a
situación dunha compañeira nesta condición e conseguiu que se recoñeza o
dereito das
traballadoras con antigüidade a ter prioridade no incremento de horas.
A Inspección de Traballo da Coruña, sancionou a
DIA-TWINS por incumplimento do artº14 do
Convenio Colectivo,
promocionando a tempo completo a traballadoras e traballadores de nova
contratación antes que a aquelas e aqueles que o solicitaron previamente por
escrito á empresa.
As delegadas
de CCOO, seguirán traballando no Comité de Empresa pendentes de esixir o
cumprimento tanto do Convenio Colectivo, coma da lei.
PARA MÁIS INFORMACIÓN, PONCHE EN
CONTACTO COAS DELGADAS DE CCOO EN DIA-TWINS OU NOS TELEFONOS DO NOSOS
SINDICATO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario