Fecoht Informa

Fecoht Informa

27 junio 2011

LGBT | FECOHT-CCOO reclama o dereito de homes e mulleres a non sufriren discriminación pola súa orientación sexual






Día do Orgullo LGBT ,CC OO reclama o dereito de homes e mulleres a non sufriren discriminación pola súa orientación sexual.

Un ano máis, o sindicato súmase aos diferentes actos de celebración do Día do Orgullo LGBT


Mañá martes, día 28 de xuño, reclámase en todo o mundo o dereito de homes e mulleres a non sufriren discriminación pola súa orientación sexual, a que non se vulneren os seus dereitos e a que non se impida o seu desenvolvemento persoal, social, educativo ou laboral.
Con motivo da próxima celebración do Día do Orgullo LGBT, o Sindicato Nacional de CC OO de Galicia amosa o seu apoio ás reivindicacións desta xornada e anima os seus afiliados e afiliadas a se sumaren ás manifestacións e actos que se van celebrar nas distintas cidades galegas o día 28 de xuño.


CC OO leva moito tempo a traballar en defensa da diversidade afectivo-sexual na sociedade e, para o seu desenvolvemento no ámbito laboral, en 2007 asinou un convenio de colaboración coa Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (FELGTB).

Deste xeito, estableceuse un protocolo de actuación en materia de formación, acción sindical e asesoría xurídica para posibilitar nas empresas un plan de actuación en defensa da igualdade e a identidade de xénero.Polo tanto, CC OO súmase a esta celebración da reivindicación e da defensa das persoas, dentro dun modelo de sociedade en liberdade na que debe primar o respecto á diversidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario