Fecoht Informa

Fecoht Informa

10 junio 2011

Laudo ganado en DIA- LUGO. Anulado o proceso

Como adiantamos a semana pasada, a árbitro deu a razón a CCOO na impugnación do proceso electoral de Dia en Lugo. Segundo a resolución arbitral, quedan anulados todos os actos realizados con posterioridade á presentación de candidaturas, o que significa que se invalida a non proclamación da nosa candidatura por non axustarse a dereito, así como a votación realizada o pasado venres, na que solamente concorría Fetico.

Estamos á espera de que a mesa se reúna para darlle cumprimento ó citado laudo, e se fixen novamente os prazos de proclamación de candidaturas e votación. Esto sempre e cando Fetico non realice a impugnación xudicial do laudo, feito que deixaría o proceso paralizado ata que resolva o xuiz.

Seguiremos informando das novas referentes a este proceso.


Saúdos.

Iria Deibe Suárez.
Federación de Hostalería, Comercio e turismo de CCOO.
660094510 - 61368.
982231975/01.
Ronda da Muralla nº 58 - 5º Andar.
27003 Lugo

No hay comentarios:

Publicar un comentario