CCOO convocou para mañá, día 28 de xuño, unha concentración contras os despedimentos en xoiarías José Luis. O sindicato denuncia o peche da tenda no centro comercial Elviña (A Coruña) e o despedimento de traballadores e trabaladoras cunha antigüidade entre os 10 e os 20 anos, a pesar de que hai «graves problemas» para a apertura diaria dalgunhas tendas por falta de persoal.
Diante disto, considera «un sen sentido» a actitude da dirección, á que insta a negociar coa representación legal dos traballadores e das traballadoras para procurar unha solución que «permita a pervivencia da empresa e o mantementos dos postos de traballo». Xoiarías José Luís é unha empresa con implantación estatal nos centros comerciais máis importantes do sector desde hai máis de 30 anos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario