Fecoht Informa

Fecoht Informa

15 febrero 2012

El #19F movilización en toda Galicia en contra de la #Reformalaboral

CCOO e UGT chaman a unha mobilización masiva para o día 19
15-2-2012.- Os secretarios xerais do Sindicato Nacional de CCOO e de UGT-Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente, chamaron a unha mobilización «masiva» contra a reforma laboral para o próximo domingo, día 19 de febreiro.


Para os secretarios xerais das dúas organizacións, a reforma laboral imposta unilateralmente polo Goberon do PP é «a agresión máis tremenda aos dereitos dos traballadores do período democrático». Segundo explicaron, as mobilizacións serán «crecentes e sostidas» ata lograr a modificación da reforma no trámite parlamentario.

O secretario xeral de CCOO advertiu de que os sindicatos organizarán «todas as mobilizacións necesarias» ata que o Goberno central retire o texto, que cualificou de «atraco aos dereitos dos traballadores e das traballadoras». Na súa opinión, a reforma laboral «só responde aos intereses da patronal», e acusou o PP de ser, precisamente, «o PP, 'Partido dos Empresarios'».

Sánchez Aguión non descartou que os sindicatos de clase convoquen unha folga xeral se o Executivo non rectifica, pero aclarou que non tomarán a decisión en base ás «provocacións do Goberno».

O que farán agora os sindicatos, ademais da mobilización, é un labor de información en todos os centros de traballo. «Non descansaremos ata chegar ao último traballador ou traballadora para explicarlle como lle vai afectar a reforma», sinalou Aguión.

LUGARES E HORA DE COMEZO DAS MOBILIZACIÓNS DO DÍA 19:

A Coruña: praza da Palloza, 12h

Ferrol: praza do Inferniño, 12h

Santiago de Compostela: Alameda, 12h

Lugo: edificio sindical, 12:30

Burela: praza do Concello, 12:30

Ourense: pavillón dos Remedios, 12h

Pontevedra: praza da Ferrería, 12h

Vilagarcía de Arousa: avda. da Mariña, 12h

Vigo: cruzamento Vía Norte con Urzáiz, 11:30h

No hay comentarios:

Publicar un comentario