Fecoht Informa

Fecoht Informa

17 febrero 2012

Concentraciones #19F en Galicia


UGT e CCOO convocan mobilizacións en toda Galicia contra a reforma laboral imposta polo Goberno do PP



17-2-2012.- O Sindicato Nacional de CCOO e UGT-Galicia convocan mobilizacións en toda a comunidade autónoma para o próximo domingo, día 19 de febreiro, contra a reforma do mercado laboral imposta polo Goberno do PP. A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Burela, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo serán os escenarios das protestas, que terán lugar tamén noutras cidades e vilas de todo o estado español.

Os secretarios xerais de UGT e CCOO en Galicia, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión, respectivamente, participarán na manifestación da Coruña. Os dous dirixentes sindicais fan un chamamento a que a resposta da clase traballadora sexa «masiva e contundente», pois consideran que esta reforma laboral é «a maior agresión contra os dereitos laborais que se ten feito no período democrático».



MANIFESTACIÓNS/CONCENTRACIÓNS CONTRA A REFORMA LABORAL O 19 DE FEBREIRO
LOCALIDADE
HORA
SAÍDA
DESTINO
A Coruña (central)
12 horas
Praza da Palloza
Delegación do Goberno
Ferrol
12 horas
Praza do Inferniño
Praza de Armas
Santiago de Compostela
12 horas
Alameda
Praza das Praterías
Lugo
12:30 horas
Edificio sindical
Subdelegación do Goberno
Burela
12:30 horas
Praza do Concello (concentración)
Ourense
12 horas
Pavillón dos Remedios
Subdelegación do Goberno
Pontevedra
12 horas
Praza da Ferrería
Subdelegación do Goberno
Vilagarcía de Arousa
12 horas
Avenida da Mariña
Praza da Ravella
Vigo
11:30 horas
Cruzamento Vía Norte con Urzáiz
Edificio Administrativo da Xunta









Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario