O comité de empresa de Pórtico nega que se chegara a acordo ningún na negociación do ERE
- Convocaranse asembleas para que os traballadores e traballadoras valoren as propostas da empresa, da administración concursal e da parte sindical
O comité de empresa de Pórtico S. A. desmente as informacións que hoxe publicaron algúns medios de comunicación, nas que falaban dun suposto acordo na negociación do ERE. Onte, día 6 de novembro, tivo lugar unha reunión entre a dirección da empresa, a administración concursal e a representación social, na que cada parte formulou as súas propostas, pero non se chegou a acordo.
Con todo, na reunión decidiuse levar as ditas propostas ás asembleas de traballadores que terán lugar proximamente. As primeiras serán o vindeiro luns, día 11, ás 15 h e ás 23 h, no almacén central de Mos, en Pontevedra. No resto de provincias aínda non está fixado o calendario.
Será após a valoración que fagan os traballadores e traballadoras nas asembleas cando continúen as xuntanzas para chegar a un acordo dentro do período de consultas.
Para o comité de empresa, antes de continuar coas negociacións é fundamental coñecer a opinión do persoal canto ás condicións económicas das traballadoras e traballadores cuxos contratos se extingan, así como no relativo ás persoas que continúen en Pórtico.

No hay comentarios:
Publicar un comentario