No día de hoxe as centrais sindicais CCOO e UGT,
asinamos un preacordo de convenio colectivo para o sector do comercio da
provincia da Coruña. Este convenio afecta a uns 15000 traballadores e
traballadoras do comercio textil, calzado, ópticas, xoyerías, cadeas
multiprecios, material de construción e material eléctrico, entre outros.
A súa vixencia será ata decembro de 2015 e con
clausula de ultravigencia das condicións laborais de 30 meses máis unha vez
rematado.
Este preacordo, mantén prácticamente as
condicións do convenio anterior, evitando a intención inicial das diferentes
patronais que conforman este sector de eliminar a paga extra de marzo, o plus
de transporte e o pago do 100% do salario nos casos de baixa por enfermidade.
Este convenio asínase cun incremento salarial do
1% para os anos 2014 e 2015, pero hai que recordar que vén precedido do acordo
de febreiro deste ano, onde logo de moito esforzo para sentar na mesa de
negociación ás diferentes patronais do sector,
conseguiuse asinar a revisión salarial pendente dos anos 2010 e 2011.
Conseguimos tamén con este preacordo, manter
unha vez máis un convenio multisectorial
que abarca prácticamente a todo o sector do comercio da Coruña, evitando a
atomización do mesmo en múltiples convenios para cada unha das patronais mencionadas.
A
Coruña, 26 de novembro de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario