CCOO e UGT convocan mobilizacións en Galicia para o 23 de novembro contra as políticas antisociais do Goberno central
•Chaman a cidadanía a empregar a súa forza en defensa das persoas, dos servizos públicos e das pensións
CCOO e UGT convocan mobilizacións en toda Galicia o vindeiro 23 de novembro. Baixo o lema «Emprega a túa forza», chaman a cidadanía a se mobilizar en defensa das persoas, dos servizos públicos e das pensións.
MANIFESTACIÓNS
- A CORUÑA: saída da raza da Palloza ás 12 h e remate na praza do Obelisco
- FERROL: saída da praza de España ás 12 h e remate na praza de Armas
- SANTIAGO DE COMPOSTELA: saída da Alameda ás 12 h e remate na praza das Praterías
- LUGO: saída da casa sindical ás 12:30 h e remate na praza de Armañá
- BURELA: saída da praza da Mariña ás 12:30 h e remate diante do edificio do INEM
- OURENSE: saída do Pavillón dos Remedios ás 12 h e remate na Subdelegación do Goberno
- PONTEVEDRA: saída da praza da Ferrería ás 12 h e remate na Subdelegación do Goberno
- VILAGARCÍA DE AROUSA: saída da avenida da Mariña ás 12 h e remate na praza de Ravella
- VIGO: saída do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz ás 11:30 h e remate diante do edificio administrativo da Xunta
No hay comentarios:
Publicar un comentario