INFORMA
Unha vez máis, a xustiza dálle a razón a CCOO.
No pasado mes de
Novembro, houbo un proceso electoral neste centro de traballo para elixir
democraticamente aos delegados sindicais que vos ían representar nos vindeiros
catro anos no comité de empresa.
Todos sabiamos que
non tiñamos un camiño fácil, xa que unha organización chamada Fetico con todo o apoio da empresa,
tratarían a toda costa de impedir que os verdadeiros sindicatos, os de clase,
os que defenden todos e cada uns dos dereitos de toda a clase obreira, puidésemos
presentar unha candidatura para ser votada libre e democraticamente. Non
contentos con poñer todas as trabas, accións perversas, ilegais, e tamén coaccións
e presións aos compañeiros e compañeiras que si querían formar parte da nosa
candidatura, aínda se atreveron a non dar por válida a candidatura que
conseguimos presentar a pesar de todo este tipo de actuacións.
Acudimos a un laudo
arbitral, reclamando que se validase a candidatura presentada en tempo e forma
e déusenos a razón e obrigábanlles á dala por válida e aceptala.
Fetico , novamente
con todo o apoio da empresa, non acatan a decisión do árbitro e ¿que fan?
Denuncian xudicialmente a Resolución Arbitral.
¿ que pasou
neste xuízo ?
Que novamente a
xustiza nos dá a razón, e obriga unha vez máis tanto á empresa como ao grupo de
Fetico, a aceptar e proclamar como definitiva a candidatura presentada por
CCOO, polo que só queda que se decidan dunha vez a poñer data para unhas novas
votacións, e que sexades vós, compañeiros e compañeiras quen decida a quen
queredes votar e
que ninguén decida por vós.
Non xogan limpo, sempre
fan trampas.
Minten máis que
falan, para exemplo a firma do Convenio.
Que temen?, por que non queren que as CCOO presenten
candidatura? Que teñen que ocultar?
-Ultima Hora...GANADA Sentencia de Carrefour
Lugo ,
SE REPITEN LAS ELECCIONES SINDICALES
No hay comentarios:
Publicar un comentario