O incremento do número de persoas desempregadas durante o mes de agosto deixa en Galicia 224.582 parados e paradas, unha situación moito peor que hai un ano. Para Comisións Obreiras, a situación require medidas que contribúan a reactivar a actividade económica e que poñan as persoas no eixe das políticas do emprego, ao tempo que se mellora a protección de quen carece de emprego. CCOO denuncia que, fronte a isto, seguen a aplicarse «de maneira errónea e teimuda» medidas de redución do gasto público e de precarización do mercado laboral como as aprobadas no mes de agosto polo Goberno do Estado.
Durante o mes de agosto medrou o desemprego en Galicia, rompendo así unha liña descendente que xa duraba catro meses. Este incremento cífrase en 1.582 persoas (un 0,71% máis), co que se sitúa o total de persoas desempregadas en 224.582. A suba é inferior á do conxunto do Estado en 0,55 puntos, onde o aumento foi do 1,25%. Segundo os datos coñecidos hoxe, o 53,25% das persoas desempregadas son mulleres (119.597 por 104.985 homes), os menores de 25 anos parados son 18.877 (o 8,41% do total, unhas décimas menos ca no mes anterior).
En relación co mes pasado, o paro incrementouse nas mulleres un 1,01%, sesenta e catro décimas máis ca entre os homes, que medraron nun 0,37%. Na mocidade descendeu o desemprego un 0,32%: nas mozas medra nun 1,50% mentres que descende o 1,74% nos mozos. Nos maiores de 24 anos, o incremento do paro é do 0,60% nos homes e algo máis, o 0,98%, nas mulleres.Análise por sectores e interanualO paro só descendeu este mes na agricultura, un 2,01%, e no colectivo sen emprego anterior, 162 persoas menos.
A maior suba absoluta foi nos servizos (1.232 persoas paradas máis), mentres que en termos relativos foi na industria (un 1,79%). Comparando con agosto de 2010, o resultado é un incremento do desemprego en todos os sectores, sobre todo nos servizos en termos absolutos (6.141 persoas) e en relativos na construción (11,27%).Respecto ao mesmo mes de 2010, o paro aumentou en Galicia en 13.050 persoas, un 6,17%. Esta porcentaxe é maior que a media estatal en 2,11 puntos. Por sexos, hai 8.616 homes máis en paro por 4.434 mulleres máis (aumentos do 8,94% e o 3,85% respectivamente). Entre as mozas e mozos menores de 25 anos descendeu interanualmente o desemprego un 4,82%; pola contra, nos maiores de 25 anos incrementouse un 7,31% (influído, sobre todo, polo crecemento do 10,62% que se deu na poboación masculina).
Análise da contrataciónEn agosto asináronse en Galicia 59.850 contratos (13.142 menos ca no mes anterior), un descenso do 18,00% con respecto a xullo. Do total de contratos asinados, o 6,43% (3.850) foron indefinidos, 0,39 puntos máis que o mes pasado. No conxunto de España este tipo de contratación supuxo o 6,23% da contratación total, 0,2 puntos menos que en Galicia. Formalizáronse, ademais, 56.000 contratos temporais. A contratación indefinida caeu un 12,64%, e a temporal un 18,35%. As mulleres asinaron o 47,56% do total de contratos e o 42,52% dos indefinidos, e as mozas e mozos asinaron o 20,11% do total e o 14,88% dos indefinidos.En termos interanuais, formalizáronse 656 contratos máis que en agosto de 2010, unha medra do 1,11%. Isto débese ao incremento do 2,23% da contratación indefinida (84 contratos máis) e do 1,03% (572 máis) na temporal. Estes datos son algo mellores que a media estatal, onde caeu a contratación indefinida un 1,09%, mentres que medrou a temporal o 5,49%.Afiliación á seguridade socialA afiliación media á seguridade social medrou en Galicia neste mes de agosto en 181 persoas (un 0,02%), quedando o total de cotizantes en 1.001.568. En España caeu a afiliación un 0,29%.
Por réximes, medrou o número de cotizantes no xeral (197 máis, un 0,03%), no especial agrario o 1,42% e no especial do mar que aumentou un 0,11%. No resto, caeu un 0,04% a afiliación nos autónomos, e o 0,04% no especial de empregados de fogar (o especial do carbón e a minería mantense invariable). En termos interanuais rexistráronse 23.699 persoas afiliadas menos (o 2,69%), unha caída superior en 1,47 puntos á do conxunto do Estado, que foi do 1,22%. No réxime especial agrario produciuse un incremento da afiliación galega do 6,4% (275 afiliados e afiliadas máis que no mesmo mes do ano anterior), e do 0,11% no especial de empregados de fogar, descendendo a afiliación nos demais réximes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario