A organización sindical insta á fin dos actos violentos en Galicia por parte de «grupos totalitarios»
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras repudia o atentado contra a Fundación Manuel FragaO Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia repudia o atentado perpetrado a primeiras horas da mañá contra a sede da Fundación Manuel Fraga, na localidade chairega de Vilalba. Para CC OO, «non hai razón ningunha que ampare o recurso á violencia cando nun sistema democrático como o noso se poden defender todas as ideas».
Por este motivo, CCOO insta á fin dos actos violentos en Galicia que teñen protagonizado «grupos totalitarios», entre cuxos obxectivos estiveron nos últimos tempos diferentes organizacións políticas e sindicais, tamén Comisións Obreiras.O secretario xeral do sindicato, Xosé Manuel Sánchez Aguión, xa lle remitiu unha carta ao presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, trasladándolle a solidariedade de CCOO diante destes feitos
No hay comentarios:
Publicar un comentario