Fecoht Informa

Fecoht Informa

28 septiembre 2011

28 de Septiembre, REUNIÓN DIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA



ULTIMA HORA DE LA SECCIÓN SINDICAL DE DÍA.

Hoxe día 28 de Setembro nos locais de CCOO en Santiago de Compostela, na sede de FECOHT GALICIA, reúnese por segunda vez no que vai de ano toda a representación sindical que ten este sindicato na empresa DÍA SUPERMERCADOS, tanto na rede de tendas como na plataforma loxítica.

A este xuntanza asisten ademáis dos delegados e delegadas, a Secretaria Xeral de Fecoht Galicia, Isabel Castaño e Aurora Richarte, Secretaria Xeral da Sección Sindical Estatal de Día..

Intervén Isabel Castaño falando da problemática actual e a sobor de todo manifesta a preocupación das cuestións laborais que temos que abordar en defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Aurora Richarte, fai unha explicación moi amplia dos puntos que se tratan no comité intercentros de Día, animando aos compañeiros e compañeiras de Galicia a que lle comuniquen calque cuestión de índole laboral para poder ser tratados no devandito comité.

Nesta xuntanza iniciamos a elaboración de un plan de traballo estrátexico para traballar co mesmo criterio en todos os comités do territorio.

Ábrese un turno de palabras no que todos os delegados e delegadas expoñen as súas dúbidas e preocupacións.

Todos e todas as presentes coinciden en que a representación de FETICO é un gran impedimento para avanzar nas negociacións e milloras laborais coa empresa.

Debido a importancia destas xuntazas, para seguir mantendo un criterio consensuaco márcase un calendario de reunións periódicas, sendo a próxima reunión o 11 de Xaneiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario