O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, UGT-Galicia e USO-Galicia convocan concentracións para mañá martes, día 6 de setembro, ás 19 horas, contra a reforma da Constitución e pola necesidade dun referendo.
Isto afectará gravemente á súa capacidade de utilizar a política orzamentaria ao servizo dos obxectivos da política xeral, e representa ademais unha ameaza permanente para as prestacións e institucións do Estado de benestar, as políticas sociais e a cooperación para o desenvolvemento. Os tres sindicatos rexeitan o contido, pero tamén o procedemento que se vai adoptar para a súa aprobación, que cualifican de «inaceptable» por varios motivos: producirase coa lexislatura esgotada, anunciouse en pleno período de vacacións, preténdese aprobar definitivamente transcorridos só quince días desde que o presidente do Goberno a propuxera o pasado 23 de agosto, quérese realizar sen debate político nin social de ningunha clase e, finalmente, sen someter a reforma a referendo.
Concentracións CCOO, UGT e USO chaman a cidadanía e as forzas políticas e sociais a participaren nos actos reivindicativos convocados. O acto central será na Coruña, diante da delegación do Goberno en Galicia, e nel participará o secretario xeral de Comisións Obreiras, Xosé Manuel Sánchez Aguión. Tamén haberá concentracións diante das subdelegacións do Goberno en Lugo e Ourense e, en Vigo, diante dos edificios administrativos da Xunta de Galicia. Todas as concentracións comezarán ás 19 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario