O Goberno galego deu hoxe o visto e prace ao calendario laboral para o próximo ano no que o 17 de maio, Día dás Letras Galegas e o 19 de marzo, festividade de San José, serán festivos debido á coincidencia en domingo do 1 de maio, Festa do Traballo e do 25 de decembro, Nadal.
Os outros dez festivos autonómicos ou estatais serán o 1 de xaneiro, o 6 de xaneiro, o 21 e 22 de abril, o 25 de xullo, o 15 de agosto, o 12 de outubro, o 1 de novembro, o 6 de decembro e o 8 de decembro.
Ademais, os municipios galegos terán un máximo de dous festivos máis ao longo do ano que deberán determinar nos seus plenos locais.
Os festivos de semana santa serán o 21 e 22 de abril.
No hay comentarios:
Publicar un comentario