A manifestación de Santiago de Compostela abriulle o camiño á folga xeral do 29 de setembro 30-06-2010.-
Máis de 10.000 persoas percorreron hoxe as rúas de Santiago de Compostela para lle diciren ao Goberno central que «Así non». Deste modo, rexeitaron rotundamente a reforma laboral e os recortes sociais impostos e os que pretenda aplicar no futuro.A manifestación saíu da Alameda compostelá, percorreu varias rúas do ensanche de Santiago de Compostela e rematou na Praza das Praterías, onde interviñeron os secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e do Sindicato Nacional de CC OO, Xosé Manuel Sánchez Aguión.
Esta manifestación foi o primeiro paso cara á folga xeral que terá lugar o día 29 de setembro. É o disparo de saída para un conxunto de mobilizacións e asembleas nos centros de traballo con vistas a esta folga que lle vai dar un 'non' rotundo á reforma laboral e aos recortes sociais impostos polo Goberno central.
Os secretarios xerais de CCOO e UGT criticaron duramente unha reforma que non servirá para crear emprego; que non reducirá a dualidade do mercado laboral e aumentará a temporalidade; que facilita e abarata o despedimento; reforza o poder empresarial para modificar unilateralmente as condicións de traballo; debilita a negociación colectiva, e privatiza a xestión do desemprego, ampliando o campo de actuación das empresas de traballo temporal aos sectores de risco e ao emprego público.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2010

No hay comentarios:
Publicar un comentario