CCOO, UGT E CIG convocan folga de comercio do miudo de textil en Pontevedra para o dia 1 de Xullo.
As traballadoras e traballadores do sector do Comercio e Téxtil da provincia de Pontevedra participarán na xornada de folga convocada polos sindicatos CIG, CCOO e UGT para protestar polo bloqueo nas negociacións do convenio colectivo. O paro, que se prolongará durante todo o día, afectará a unhas 600 empresas e a arredor de 4.000 empregados/as. Comercios, mercerías e tendas de roupa pecharán as súas portas o vindeiro xoves día 1 de xullo, coincidindo co inicio das rebaixas de verán, para denunciar o inmobilismo da patronal tras máis de ano e medio sen avances na negociación do convenio. O paro afectará tamén a grandes multinacionais do sector como Inditex, H&M ou Cortefiel. O anuncio foi feito hoxe martes en rolda de prensa por representantes dos tres sindicatos.
Debido a posición das empresas na mesa de negociación sobre o convenio Convenio Colectivo, e tras as reunións mantidas, as patronais menteñen unha postura moi distante das prestensións da parte social, polo que os representantes de esta, por unanimidade, adoptaron o acordo de promover convocatoria de FOLGA.
A Folga afectará totalidade do persoal do CONVENIO DE COMERCIO POLO MIUDO DO TEXTIL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.
Algunhas das diferencias a hora da negociación entre representantes dos traballadores e patronal son:
DURACIÓN E VIXENCIA: a parte social pide 2 anos a patronal ofrece 3.
SALARIOS: a parte social pide 35 € lineales. A patronal ofrece 2% o primeiro ano, 2% o segundo ano e 3% o terceiro ano.
XORNADA LABORAL: a parte social considera que ´e moi importante regularizar os domingos e festivo para os contratos de luns a domingo, polo que pide que nestes casos as xornadas sexan de so 6 horas e o 50% de traballo en domingos e festivos. A patronal ofrece xornadas de 7 horas e o 60% de traballo en domingos.
Pola súa banda, a responsábel de Acción Sindical de CCOO, Rosa Pérez, incidiu en que se trata dun sector ao que non lle está a afectar a crise económica e cuxas multinacionais rexistraron beneficios “incluso superiores aos dalgúns bancos”. A representante sindical censura que, a pesar desta situación, “as empresas seguen a manter unhas condicións laborais indignas”. Nesta liña, apostou tanto por conseguir mellorar os salarios como por “regular o sector no que respecta a contratacións, condicións laborais e categorías profesionais”
Tampouco hai acordo nas licencias retribuidas, nas horas extras, plus de nocturnidade, vacacions e promocion profesional, situación de IT previo as vacacions.Non obstante a convocatoria e exercicio de dereito a FOLGA, e desexo dos representantes dos traballadores e traballadoras abrir todo tipo de negoiacións e mediacións encamiñadas a solución do conflito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario