Novos cursos de formación en FOREM
A fundación FOREM de CCOO de Galicia está a preparar xa os cursos que ofertará para o ano 2014. Aínda que se destinan prioritariamente a persoas ocupadas, entre o 20 % e o 40 % das prazas están reservadas para traballadores e traballadoras en situación de desemprego.
Trátase dunha oferta formativa intersectorial, polo que poden participar profesionais de calquera sector. Na páxina web de FOREM-Galicia xa se pode consultar máis información sobre os cursos e mesmo facer a preinscrición.
Entre as propostas de cursos cabe destacar os de tratamento de imaxes, deseño de páxinas web, soldadura MIG e TIG, manipulación de produtos fitosanitarios, transporte de mercadorías perigosas, cociña, electricidade ou aplicacións ofimáticas, entre outros. Todas as accións formativas son gratuítas para o alumnado e, ao remate, expedirase un certificado emitido pola Consellaría de Traballo e Benestar.
Por último, desde FOREM lembran que a formación é un dereito de todas as persoas traballadoras e piden non renunciar á mellora da capacitación profesional.

No hay comentarios:
Publicar un comentario