Nos últimos tempos intentase criminalizar ao movemento sindical por manter unha actitude de contestación e enfrontamento cos poderes, que apoian os recortes laborais e sociais, emprendidos polos distintos gobernos.. ( reforma laboral, conxelación e reducións salariais, privatizacións, taxas xudiciais, redución de pensións e prestacións sociais, etc), en definitiva pretenden pararnos para que no non opuñamos ao desmantelamento do Estado do Benestar.
CCOO que sempre loitou por ter un marco de liberdades democráticas, non pode permitir que estes compañeiros, que agardan a decisión xudicial tras ser presentado recurso, ingresen na cadea por defender o dereito a folga en liberdade dos y das traballadores/as do noso país.
Queremos amosar a nosa solidaridade cos compañeiros afectados pola sentenza e por iso apoiamos a folga de fame iniciada en Pontevedra, coa que as distintas estruturas do sindicato organizaran a participación activa na mesma, asi como a manifestación que se convocara polo mesmo motivo o sábado día 15 de decembro as 11´30 h, na cidade de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario