A
TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS
DO COMÉRCIO E HOSTALERIA DA CORUÑA
Como tamén xa sabedes,
desde a entrada en vigor da actual reforma laboral, a vixencia dos convenios
unha vez finalizados, é de tan só un ano. Isto significa que os e as
traballadoras da hostaleria, do comercio vario e do comercio alimentación poden
deixar de estar regulados por un convenio a partir de xullo do ano 2013. A non
aplicación de nengunha norma, e ao carecer de convenios superiores que fixen
salario e condicións sociais mínimas, implica o risco de pasar a cobrar 641,41
euros mes, con duas pagas extras, non ter prestación ao 100% en caso de IT,
días de asuntos propios, calendarios laborais, etc.
Estamos sen dúbida,
diante da maior agresión á Clase Traballadora desde o final da dictadura no
estado español. E corremos o grave risco de perder todos os direitos acadados
nos últimos 40 anos. Só hai que imaxinarse ir a traballar por 600 euros limpos
ao mes a xornada completa.
As tres centrais
sindicais maioritarias, CIG, CCOO e UGT, en vistas da situación, decidimos
convocar unha asemblea destes tres sectores conxuntamente, para falar de que é
o que imos facer, tanto para garantir a supervivencia dos nosos convenios como
na xornada de folga xeral do dia 14 de novembro. E queda claro que imos ter que
movilizarnos. Por iso é bó acumular forzas nestes momentos, e xuntar aos
sectores que teñen máis posibilidades de que os seus convenios desaparezan.
As asembleas serán o
Luns 12, ás 21:30 horas, e abertas a todos e todas as traballadoras dos tres
sectores.
En Compostela, será no
Hotel Peregrino, en Santa Marta, o luns 12 de novembro ás 21:30 horas.
ACUDE E PARTICIPA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario