Fecoht Informa

Fecoht Informa

21 noviembre 2012

Elecciones Carrefour Los Rosales, el #23N No votes

CCOO Informa PROCESO ELECTORAL NOS ROSALES


Compañeiros, Compañeiras:
Carrefour, unha vez máis, non xoga limpo.
As irregularidades que se están a producir neste proceso son de escándalo. CCOO presentou en tempo e forma unha candidatura válida, con todos os requisitos esixidos legalmente para presentarse a unhas eleccións sindicais. Utilizando as artimañas habituais da empresa nestes procesos (véxanse casos como os de outros centros, Ourense, Lugo…,etc) cos colaboradores tamén moi habituais, bótannos do proceso con escusas baratas.
As CCOO veñen de presentar IMPUGNACIÓN diante da OFICINA PÚBLICA DE REXISTRO DE ee.ss. DA CONSELLERÍA DE TRABALLO.
As votacións que se van levar a cabo este venres, día 23, vanse ter que volver a repetir. Este proceso é todo unha farsa. CCOO non deixa de estar vivo no proceso electoral dos Rosales. Presentarémonos ás eleccións sindicais,(cando se repitan)para garantir que haxa un proceso limpo e transparente, na que todos os sindicatos que queiran, poidan facelo en igualdade de condicións. Imos loitar por un proceso aberto e libre de coaccións.
Por iso, compañeira e compañeiro, non participes nestas votacións, non lles deas cobertura. Total, vas ter que volver a votar.
Se queres votar, vota en branco, é a única forma de que se vexa o teu descontento. SEMPRE FAN TRAMPAS.
As únicas preguntas que caben agora son :
· Por qué non queren que CCOO estea presente no Comité de Empresa de Carrefour Los Rosales??
· Vai ocorrer algo neste centro e non queren que vexamos o que pasa??

No hay comentarios:

Publicar un comentario