As máis de 500.000 persoas que saíron hoxe ás rúas das principais vilas e cidades galegas ratificaron o éxito do 14-N
Máis de 500.000 persoas mobilizáronse hoxe con UGT, CCOO e CIG en diferentes manifestacións polas principais vilas e cidades de Galicia. Para as organizacións sindicais, trátase do colofón a un "día histórico", pois a folga xeral que convocaron as tres organizacións acadou un seguimento do 90%.
As traballadoras e traballadores galegos percorreron as rúas de A Coruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra, Vigo e Arousa baixo o lema "Non ao saqueo do pobo. Hai culpables. Hai solucións". Pola tarde, ás 19:30, farano tamén en Monforte de Lemos.
Vigo acolleu o acto central, no que participaron os secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez, e da CIG, Suso Seixo. Na cidade olívica foron máis de 180.000 as persoas que saíron as rúas convocadas polos tres sindicatos.
Vigo acolleu o acto central, no que participaron os secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez, e da CIG, Suso Seixo. Na cidade olívica foron máis de 180.000 as persoas que saíron as rúas convocadas polos tres sindicatos.
DÍA HISTÓRICO
Desde as tres organizacións salientan que se trata dun "día histórico" grazas a unha participación na folga xeral do 90%. A convocatoria tivo un especial seguimento en sectores como recollida de lixo e limpeza viaria, transportes públicos, portos e aeroportos, sector naval, automoción ou comercio e hostalaría.
SEGUIMENTO NAS EMPRESAS
O éxito da folga non é mérito dos sindicatos convocantes, senón dos traballadores e traballadoras que fixeron súa a proposta UGT, CCOO e CIG. O traballo sindical realizado, a través dunha ampla campaña informativa e o traballo empresa a empresa, da un resultado que se reflicte no seguimento que tivo a folga tanto a nivel xeral como naquelas empresas galegas que se atopan nestes momentos nunha situación delicada.
Este é o caso de firmas tan significativas como PSA-Vigo, Santa Bárbara, Megasa, Navantia, Factoría Naval de Marín, Ferroatlántica, Televés, Castrosúa, Maessa, Estrugasa, Alcoa, Galfor, Crown Cork Ibérica, Faurecia, GKN-Indugasa, Maderas Iglesias, Viza Automoción, Frinsa, Dalphi Metal, Rodman-Polyships, Frinova, Begano, Conservas Calvo, ENCE, Gamesa Eólica, Zara Loxística, Pull&Bear ou Indipunt, entre outras.
ESIXENCIAS
Esiximos aos gobernos español e galego un cambio radical nas súas políticas para que estas aposten polo crecemento económico, a creación de emprego, a restitución dos dereitos laborais eliminados pola reforma laboral, así como, dos servizos e prestacións públicas.
Incidimos en que a forza de sementar a austeridade, recóllese recesión, aumento da pobreza e angustia social. Este non é o camiño e así llo dixo hoxe a cidadanía aos gobernos español e galego. Débense tomar solucións de xeito urxente para relanzar a economía e non asfixiar coa austeridade. Se non escoitan a cólera dos que se manifestan nas rúas, os dirixentes equivócanse.
A urxencia é o emprego, a xustiza social e fiscal e deixar de atacar os salarios, a protección social e os servizos públicos. Apostamos por empregos de calidade e unha solidariedade económica. Hai que mudar de rumbo sen demora cara a un novo sistema económico e social máis xusto e solidario.
Os tres sindicatos advirten que este 14N terá continuidade cunha mobilización sostida no tempo porque, do contrario, teremos máis problemas e unha maior deterioración social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario