Á
CONSELLERÍA
DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Federación de Comercio,
Hostalaría e Turismo de CC.OO. de Galicia
Asunto:
Horarios comerciais
D.ª Isabel Castaño Becerra, provista de DNI núm. 35454273A,
en calidade de Secretaria Xeral da Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo
de CC.OO., ante esa Consellería
comparece e DI:
PRIMEIRO.-
Que sendo certo que o Estado posúe competencias
exclusivas en materia de bases da
ordenación económica que lle recoñece o artigo 149.1.13ª de la CE, non o é
menos que a Comunidade Autónoma de Galicia, conforme ao artigo 30.1.4 do
seu Estatuto de autonomía, posúe
competencia exclusiva en materia de comercio interior, e iso tamén sen prexuízo
da política xeral de prezos e lexislación sobre a defensa da competencia, nos termos
do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1.11ª da CE.
Coma non pode ser doutro modo , é a propia Lei 1/2004, de 21 de decembro, de
Horarios Comerciais, quen no seu artigo 2º delimita que corresponde ás
Comunidades Autónomas a regulamentación dos horarios para a apertura e peche dos
locais comerciais, nos seus respectivos ámbitos territoriais.
Que a este efecto as normas reguladoras en materia de
comercio, vixentes no presente momento, na Comunidade Autónoma son: a Lei
13/2006, de 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia e a Lei 13/2010,
de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, sendo a exposición de
motivos da Lei 13/2006, a que asevera que a regulamentación dos horarios é o
elemento esencial na ordenación do comercio como instrumento equilibrador entre
as grandes empresas e o conxunto de pequenas e medianas empresas comerciais,
ademais de proporcionar o necesario equilibrio entre abastecemento comercial e
conciliación da vida familiar e laboral.Todo elo, inspirado nos principios
constitucionais de igualdade ante a lei e a liberdade de empresa
É precisamente esta última cuestión a que afecta
directamente aos traballadores e traballadoras que prestan servizos nas
empresas do sector (tanto autónomos como traballadores do sector en xeral), e
que verán imposibilitado de facto equilibrio, que a norma vixente dí perseguir
e proporcionar.
Sirva para ilustrar esta afirmación, que no conxunto do
Estado, durante o ano 2011 desapareceron un total de 4.637 pequenas empresas,
no que na nosa opinión coas medidas aprobadas polo goberno central, veránse
incrementadas as citadas perdas e a destrucción do tecido comercial no conxunto
do Estado e de igual modo, na nosa Comunidade Autónoma
SEGUNDO.-
Que por Real Decreto-Lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas
para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, ao
modo como indica a súa exposición de motivos,
modifícase o réxime vixente introducindo unha maior liberalización de
horarios de apertura comercial, establecendo
entre outras novidades, o incremento de 72 a 90 horas, para o conxunto dos días
laborais da semana, e eleva o número mínimo de domingos e festivos de 12 a 16,
limitando ademais enormemente as competencias autonómicas.
En calquera caso, débese
ter presente que é a disposición transitoria décimo cuarta, a que
prorroga a eficacia dos calendarios de domingos e festivos, xa aprobados, en
que os comercios poderán permanecer abertos ao público, e que é a disposición
final terceira, a que dilata ao ano 2013 a vixencia da flexibilidade arriba indicada.
A pesar do exposto, sempre en relación coa competencia
exclusiva en materia de comercio interior e por ende na fixación de horarios de
que dispón a Comunidade Autónoma, se expropia na norma estatal, a posibilidade
de fixar os horarios, sendo que ademais a modo de cláusula de peche, as
modificacións das disposicións adicionais primeira e segunda, negan eficacia
á lexislación vixente na Comunidade
Autónoma, ao establecer que o non uso do dereito de opción implica unha
renuncia ao exercicio dunha competencia xa asumida.
É así que existen dúbidas sobre a constitucionalidade da
norma estatal, que invade e inhabilita o exercicio dunha competencia exclusiva
da Comunidade Autónoma, e que interesa resolver ao goberno autonómico. Non pode
o executivo central, facendo caso omiso
ao reparto de competencias aprobado polas Cortes Xerais, impoñer unilateralmente a desregulamentación nesta
materia.De feito , temos coñecemento que na actualidade, alomenos en dúas
comunidades autónomas como Andalucía e Cataluña, estase estudando a
interposición dun recurso de inconstitucionalidade ante o tribunal competente.
TERCEIRO.-
É o propio dereito
transitorio o que, a xuízo desta parte, valida a efectividade da vixente
normativa autonómica, polo que a actuación de grandes empresas de distribución
comercial que non respectan os prazos de adaptación establecidos, terán
que ser obxecto de fiscalización pola devandita
Consellería a causa da
ampliación inxustificada e unilateral da xornada comercial, dado que o devandito
aumento horario supuxo a modificación de horarios e quendas dos traballadores e
traballadoras do sector, especialmente
nas grandes empresas de distribución , o que está a ocasionar que moitas traballadoras
do sector, estean procedendo á extinción dos seus postos de traballo ao
non poder facerse efectiva a compatibilidade da súa vida familiar e laboral.
CUARTO.-
Como é intención
desta parte conducirse coa máxima dilixencia e boa fe na defensa dos intereses que lles foron
encomendados, poñemos no
coñecemento da Consellería de Economía e Industria que
estamos á súa enteira disposición para tratar as cuestións arriba
relatadas.
Insistir que tal proceder responde única e exclusivamente
ao desexo desta parte de conducirse e actuar coa máxima dilixencia e , sen que supoña en
ningún caso renuncia ao exercicio de dereito algún, en defensa dos intereses
que foron encomendados.
Polo referido, que,
SOLICITO A
ESA CONSELLERÍA, que tendo por presentado
este escrito, o admita, e previos os trámites legais oportunos, tome en
consideración as alegacións realizadas no corpo deste escrito e, ao efecto
fiscalice os incumprimentos horarios denunciados, tomando postura ademais fronte
ao que supón o descoñecemento dunha competencia exclusiva da Comunidade
Autónoma.
En Santiago de Compostela, a 13 de Agosto de 2012.
Isabel Castaño
Becerra
Secretaria Xeral
Fecoht-Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario