Concentracións unitarias en agosto frente aos recortes do goberno do PP
Os venres 3, 10, 24 e 31 de agosto celebraranse concentracións fronte ás sedes da Delegación do Goberno na Coruña (12:00), das Subdelegacións do Goberno en Lugo (12:00), Ourense (12:00) e Pontevedra (12:00), fronte ás sedes da Xunta en Vigo (11:00) e Ferrol (12:30) e na praza de Galicia e Santiago de Compostela (12:00), contra os recortes do goberno do PP.
As concentracións están convocadas unitariamente por CIG, UGT e CCOO, e son o anticipo doutras grandes mobilizacións que se convocarán en setembro ante a gravidade da situación á que nos está abocando o PP.
- Provocan un agravamento da recesión e o peche de moitas empresas, a destrución de máis de 80.000 empregos en Galicia nos próximos dous anos e o aumento da taxa de paro ata o 26%.
- Diminúen entre o 5% e o 7% o salario dos 200.000 empregados e empregadas públicos galegos, agravando a perda do 12% do salario real que acumulan desde 2010. O aumento da xornada, a
eliminación de dereitos e os cambios organizativos ameazan o futuro do persoal interino dos servizos públicos e deteriora a calidade do servizo.
- Reducen a protección aos 270.000 parados e paradas galegos e, especialmente, aos 147.000 que cobran prestacións tanto na contía como no acceso a elas.
- Agravan a situación das 150.000 persoas dependentes que hai en Galicia e das súas familias ao recortar os dereitos na atención á dependencia e poñer en perigo o conxunto do sistema.
- As 820.000 persoas traballadoras e as 731.000 pensionistas galegas perden poder adquisitivo polo aumento da inflación derivado da suba do IVE.
Por riba, reducen dous puntos as cotizacións empresariais á seguridade social para, ademais de beneficiar as empresas, xustificar no futuro un novo recorte nas pensións.
HAI QUE PARALOS
MOBILÍZATE
No hay comentarios:
Publicar un comentario