Carrefour…,
sen alma
Son muller, nai e unha traballadora, que cada mañá deste último ano ao
erguerme para ir ao meu traballo ,
póñome diante do espello e me pregunto:
¿Qué nova loita toca hoxe?, ¿ que nova reclamación terei que facer?
¿Que me van a pedir hoxe? Que teño que entregar a cambio de conservar o meu
posto de traballo? Que fixen para merecer isto?........Infinidade de preguntas
ás que non lle atopo resposta. Só obteño indignación, rabia, impotencia,
medos… A clase traballadora deste país, estamos tendo unha loita continua e constante para que cada unha desas
mañás que acudimos aos nosos postos de traballo, non nos atopemos un roubo
máis dos nosos dereitos ca o día
anterior, un atraco máis aos dereitos socias.
Escoitamos a cotío, nos xornais, medios de comunicación, nas conversas
dos bares, nos círculos dos parques cando coidamos dos nosos fillos…, falar
dunha prima de risco, do Tae, do ive, de rescates…,Escoitamos e lemos palabras
que ata o de agora nos eran descoñecidas e que tivemos que aprender o seu
significado a marchas forzadas en clases particulares intensivas., porque nós,
os traballadores e traballadoras, non somos financeiros que coñecemos de datos
económicos da banca, pero si somos as mellor economistas que con salarios
ínfimos, sacamos familias adiante e cubrimos as necesidades diarias dos nosos
fillos.
Porén, si estamos obrigados a entender decisión unilaterais que nos
supriman pagas extras, que nos recorten os servizos sanitarios, que reduzan a
calidade do ensino, que nos suban o Ive xusto ao inicio do curso escolar, que
nos cambien as quendas de traballo sen previa consulta, sen saber se así
poderemos conciliar a nosa vida familiar e laboral, porque eu, traballo para
vivir, non vivo para traballar.
Xa nada me sorprende, xa nada.
Nin tampouco me sorprende que establecementos comerciais como
Carrefour, Alcampo…, chamados grandes superficies polas dimensións dos seus
locais, ou tamén, xa aproveito para dicilo, polas dimensións das súas
decisións, se tomen a liberdade de aplicar unha reforma laboral tan retrógrada,
agresiva e totalmente deshumanizada sobre os seus traballadores.
Non se conforman con poder despedirnos tan só por caer enfermos, agora
deciden ampliar o seu horario de apertura sen respectar as quendas de traballo
dos seus empregados, sen pensar en como vai afectar ao colectivo de homes e
mulleres que traballan nestas grandes superficies á súa vida familiar, sen
pararse un só segundo en entender o dano que van sufrir na súa conciliación
familiar e laboral, sen pensar en poñerse na súa situación tan só por un
instante, sen pensar que detrás de cada
caixeira, vendedor, carniceiro…, hai unha familia que está desexando que
cheguen á casa para por un día comer xuntos, cear, ir ao cine, sentarse no sofá
que tanto custou pagar, gozar dos fillos, celebrar que un familiar se vai
casar, felicitar o cumpre anos dun amigo, visitar a un enfermo , saír a tomar
un café , facer limpeza xeral na casa, arranxar esa porta que leva mal un par
de semanas, ver como crecen os fillos que tanto costa sacar adiante, axudarlles
a facer os deberes e escoitar como len as súas primeiras palabras…, vivir, pero
vivir en liberdade, non sometidos aos horarios que se lle antolle ao
‘Carrefour’ , ao ‘Alcampo’ ou ao ‘El Corte Inglés’.
O gran drama que supón, que compañeiros e compañeiras, despois de anos
de ter as súas vidas máis ou menos asentadas, facendo cábalas para aproveitar o
pequeno salario que pagan , agora as vexan truncadas pola imposición duns
horarios que lles van desfacer todo polo
que tiveron que loitar durante anos, algúns con outros pequenos traballos para
poder chegar a fin de mes, e non verse abocados a deixar a súa casa ao banco,
outros por xa non poder compatibilizar as quendas de traballo coa súa parella,
e que van ter que recorrer a algún familiar para que se faga cargo dos nenos
nesas horas, etc. Este é un dos golpes
máis duros que sufrín ao longo da miña carreira como sindicalista. Estes srs.
non teñen alma, nin saben das penas alleas, nin comprenden ás persoas, son
máquinas adestradas para cumprir cos intereses dos grandes inversores e dos
grandes capitais, son mercenarios sen corazón, que non entenden de prantos de
bebés, nin dos sorrisos dos cativos.
Abran vostedes as 24 horas do día Srs Directores de Carrefour, abran de
día e de noite, pero respecten aos homes e mulleres que traballan para
vostedes, respecten ás súas familias, respecten o traballo digno e con
dereitos.
Contraten o persoal suficiente para cubrir esas necesidades que se
inventan de abrir máis horas cara ao público, xeren emprego estable , digno e
con dereitos, e entón, a cidadanía e a clientela, entenderemos que vostedes
tamén son humanos e entenden de dignidade.
Isabel Castaño Becerra
Secretaria General Fecoht-Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario