Fecoht Informa

Fecoht Informa

31 agosto 2012

Concentración protesta en Carrefour Alfonso Molina, NON MAIS ABUSOS


Acción reivindicativa de CC OO nun Carrefour da Coruña en defensa da conciliación e contra a reforma laboral

 

Igual que aconteceu hai uns días en Vigo, o sindicato insta a empresa  a non aplicar a reforma do artigo 41 do Estatuto dos Traballadores,modificado pola reforma laboral 

31-8-2012.-A Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de Comisións Obreiras de (FECOHT-CC OO) levou a cabo este mediodía unha acción informativa e reivindicativa dentro das instalacións do Carrefour de Alfonso Molina, na Coruña,contra a reforma laboral e en defensa da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Igual que aconteceu hai uns días no Carrefour Travesía de Vigo, o sindicato insta a dirección do grupo empresarial a non aplicar a reforma do artigo 41 do Estatuto dos Traballadores, modificado pola reforma laboral, que lle permite á dirección da empresa aprobar modificacións substanciais das condicións de traballo horarios, quendas, mobilidade, salarios e outros aspectos. 

CC OO considera que a aplicación do artigo provocará a perda de dereitos consolidados e denuncia que a medida non terá como obxectivo evitar perdas requisito que esixe o devandito artigo senón que só incrementará os beneficios dos accionistas do grupo.
O sindicato lembra que boa parte do persoal de Carrefour son mulleres e que a aplicación unilateral do artigo complicará a xa de seu difícil tarefa de conciliar a vida persoal, familiar e laboral, ademais das repercusións no que atinxe a horarios ou salarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario