Axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos adheridas ao Programa de cheque infantil
Obxecto: A axuda convocada consiste na provisión e cobertura total ou parcial do custo da praza adxudicada nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos ás persoas solicitantes con nenas/os entre 0 e 3 anos a cargo que desexen acollerse aos beneficios do Programa de cheque infantil.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
1.1. Reserva de praza.
1.2. Novas solicitudes de praza.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias do Programa de cheque infantil as persoas con
responsabilidade sobre nenas/os de 0 a 3 anos:
a) Solicitantes de prazas, nas modalidades de asistencia e asistencia con comedor e que non resultasen adxudicatarias/os dunha delas por falta de prazas dispoñibles.
b) Solicitantes residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas
con fondos públicos e que desexen obter praza nas modalidades de asistencia e asistencia con comedor, nalgún centro partícipe do programa existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen as/os nais/pais ou titores legais.
c) Solicitantes de prazas en horario de tarde.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22/08/2011
Para más información:
Isabel Fernández Rodríguez
Secretaria de Muller Fecoht-Galicia
ifernandez-fecoht@galicia.ccoo.es
Tlf: 696.800.209 // Corp:61249
No hay comentarios:
Publicar un comentario