Fecoht Informa

Fecoht Informa

21 julio 2011

ASÍ VALORAMOS OS RESULTADOS DAS ELECCIÓNS SINDICAIS EN LIDL

Compañeiras e compañeiros:

Antes de nada debemos agradecer a amplia participación de todos os compañeiros e compañeiras, tanto nas votacións como nos debates, e reunións realizadas no proceso electoral, e sobor de todo agradecer a todos os compañeiros e compañeiras a confianza depositada en CCOO e nas nas compañeiras que dende este sindicato vos representaron e vos van a representar.

Rematadas as eleccións sindicais de Supermercados Lidl, os membros do Comité de Empresa, elixidos por CCOO valoramos así os resultados electorais:

CCOO obtivo nestas eleccións 4 representantes, foi o sindicato que máis delegados acadou: 3 no colexio de caixeiras (sindicato máis votado con 28 votos) e 1 no colexio de encargados (con 8 votos). A CIG acadou 2 delgados e a UGT 3 delegados ( 2 no colexio de caixeiras e 1 no colexio de encargados).

Compre tamén felicitar aos compañeiros da UGT que volven despois de catro anos a formar parte do comité de empresa, e dicir tamén, que somos conscientes que as eleccións sindicais son para elexir aos nosos representantes e non son nin deben ser para afrontar aos sindicatos e moito menos para dividir aos traballadores e traballadoras. Tamén compre dicir, que os debates habidos e os que haxa no futuro deben servir para buscar, dende as distintas opinións, saídas e solucións conxuntas para resolver os problemas.


Pretendemos levar ao Comité de empresa as nosas posición, coa intención de cooperar no seo do mesmo, traballar conxunta e unitariamente en defensa dos lexítimos intereses, das aspiracións por mellorar as condicións de traballo dos compañeiros e compañeiras e por mellorar a calidade da nosa vida laboral.

Seguimos necesitando o apoio e a colaboración de todos, tanto para levar adiante as negociacións necesarias coa empresa, como para exercer a presión lexitima e democrática que sexa necesaria.

Pola nosa parte, comprometémonos tamén a mantervos informados.

Un saudo

Ana Villaverde
Emilia Alvarez
Raquel Iglesias
Mónica Baelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario