Fecoht Informa

Fecoht Informa

21 diciembre 2010

A xustiza dálle a razón a CCOO e obriga a repetir as eleccións sindicais en Carrefour-Ourense

Segundo Comisións Obreiras, entre o preaviso de eleccións —17 de agosto— e a constitución da mesa electoral —19 de outubro—, Carrefour cambiou as atribucións dunha serie de persoas que ían concorrer con CCOO polo colexio de técnicos e administrativos, imposibilitando a súa participación.

CCOO interpretou esa manobra como unha manipulación do censo, e impugnou o proceso. Ata dous laudos arbitrais confirmaron as teses do sindicato e obrigaban a corrixir o censo electoral á data mesma do preaviso, co que as persoas afectadas si se poderían presentar coas siglas de Comisións.Porén, Carrefour negouse a acatar os laudos, polo que CCOO tivo que recorrer á xustiza.

A sentenza do Xulgado do Social —contra a que non cabe recurso, por ser firme— confirma punto por punto o exposto na resolución arbitral, polo que se terá que repetir o proceso e Comisións poderá presentar unha candidatura completa.CCOO amosa a súa «satisfacción», e espera que «dunha vez por todas» Carrefour acate as decisións dos órganos xurisdicionais «e as normas máis elementais da democracia».

A actitude de Carrefour en Ourense xa motivou hai uns meses protestas de Comisións en centros de traballo da empresa noutras localidades galegas. Para CCOO, son feitos «gravísimos» que unha empresa «manipule» un proceso electoral «co obxectivo de desmontar a candidatura dun sindicato, porque vai contra os máis básicos principios democráticos».

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2010


http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/menu.do?Inicio:111869

No hay comentarios:

Publicar un comentario