Compañeiras, compañeiros:
O centro de Carrefour Ourense xa cumpriu 15 anos e o de Alfonso Molina 25 , moitos de nós cumprímolos tamén niste centro, e algunhas desprazadas e desprazados noutras tendas. Outros e outras quedáronse no camiño, pensemos en que lles vaia mellor.
Porque a nós ainda nin nos poden chamar Mileuristas e ao paso que imos ainda van tardar en chamárnolo.Somos, desafortunadamente, sub-Mileuristas. Pasan os anos e facémonos máis vellos, e con nós avellan tamén as nosas condicións laborais. Podemos dicir, sen medo a equivocarnos, que calquer tempo pasado foi mellor no que a Carrefour se refire.
Hai anos cobrabamos o 100% das baixas por enfermidade desde o primeiro día, subiannos algo o salario, pouco, é certo, a pesares dos grandes beneficios que obtiña Carrefour, pero alomenos subian algo, agora todo é sen alcohol, 0,0%, ou pouco máis que pouco máis ten.
Algún xa me dixo:
Antes éramos moitos máis e facías o teu traballo no teu posto de traballo., agora temos que facer o noso traballo e máis o dalgún outro porque á empresa esqueceuse de contratar xente para moitos postos. Tedes cada cousa.!!
Pero eso si, iste ano en recompensa polos servizos prestados e polo gran esforzo realizado niste último ano, e sen que sirva de precedente, vannos agasallar ca Cesta de Nadal, esa que xa tiñamos hai 15 anos. Si, aquela que perderamos cando o famoso acordo da fusión (Continente-Pryca), si home, non vos lembrades?, aquela Cesta que nos cambiaran, aló no 2001, para que os que víñamos do Pryca poidéramos cobrar o 100% no caso de baixa por enfermidade. Si ho si, o mesmo 100% que nos quitaron niste último Conveniño.
Hai que foderse!!
Seguro que algún xa está pensando que nos dan a Cesta porque se aveciñan eleccións. Xa estamos, xa estamos. A ver, desde cando a Carrefour se lle deu por interferir nos procesos electorais?. Non hai para tanto. É que, que cousas tedes. Ainda habedes de ir dicindo que na Cesta ha de ir tamén a Papeleta do sindicato, de cuio nome non nos queremos lembrar para que non se sintan insultados. Pobriños!!. A papeleta non vai na Cesta. Non hai motivo ningún para imaxinar iso.
Só algunhas mentes moi retorcidas poden pensar tal cousa. Só porque vánnola dar case que mes e medio antes do Nadal??, home por favor. Por iso non se pode pensar tal cousa. Non vos dades conta que para repartir catro botellas de viño, tres botellas de champán francés, catorce tabletas de turróns variados, un xamón ibérico, un queixo manchego, ,etc. etc., hai que paralizar toda a actividade da tenda nas datas de máis afluencia de clientes ao Centro.
Non vos dades conta? Só por iso, e nada máis que por iso, entrégannola con tanta antelación e non porque sexa vísperas de eleccións. Con sorte non che caduca antes das festas. Como sodes, tedes cada cousa!!. A empresa é precavida, e vós non ser tan mal pensados "que nunca jamás se vió que la dirección intentara favorecer a unos más que a otros, " E tan pouco che é propaganda subliminal, como xa lle oín a algún.
Hai que ver, que cousas tedes. ¡! A todas e a todos, aos que levan 15 ou 25 anos, felicidades por resistir. Aos demáis, o que nos queda é resistir. Nas nosas mans está, non deixemos que nos avellen máis.
Para CCOO está claro..., e para vós?
Participa e vota a COMISIÓNS OBREIRAS, único garante dos teus dereitos..
No hay comentarios:
Publicar un comentario