Fecoht Informa

Fecoht Informa

20 noviembre 2010

CCOO denuncia que CARREFOUR se cree que está en Francia e veta á democracia e non a deixa entrar na empresa



Xornal de Galicia Viernes, 19 Noviembre, 2010 -

Un novo Laudo da a razón a CCOO nas eleccións sindicais de CARREFOUR e “declara nulos todos os actos da mesa electoral posteriores á proclamación do censo definitivo” ao incumprirse o laudo anterior dictado con data 5 novembro

CCOO denuncia o total desprezo pola lexislación vixente e pola democracia amosada por parte da dirección de CARREFOUR-Ourense no proceso electoral que se está a desenvolver na empresa para a elección do Comité de Empresa.O pasado 5 de novembro dictouse Laudo Electoral que obrigaba a retrotraer o proceso electoral ata o momento da publicación do censo definitivo ó estimar as alegacións presentadas por CCOO, no senso de que os censos foron manipulados para beneficiar a candidatura de FETICO (sindicato da empresa).Como xa informou CCOO, a empresa anunciou nese momento que non ía cumprir a decisión arbitral e que o proceso electoral continuaría, saltándose as regras do xogo que marcan o sometemento as decisións arbitrais.Ante esta situación, e toda vez que a Mesa Electoral, seguindo as instruccións da empresa, decidiu continuar co proceso electoral, CCOO presentou un novo laudo para que se pronunciara o árbitro.Con data 18 de novembro o árbitro dictou novo Laudo dando de novo a razón a CCOO e declarando nulas todas as actuacións da Mesa Electoral dende a publicación do censo definitivo, tal e como establecía o Laudo anterior, ao tempo que lle recorda á empresa que “o laudo arbitral resulta eficaz, e polo tanto debe cumprirse, dende a data de recepción do memo polas partes e esto aínda que non sexa firme”.O árbitro afirma tamén: “... o proceso electoral, cumprindo co acordo do Laudo, non pode suspenderse a non ser que, feita a impugnación do mesmo o acorde o xuíz...”, tal e como o establece a lexislación vixente, cousa que non sucede neste caso.CCOO denuncia o total desprezo da dirección de CARREFOUR polas normas democráticas e legais, ao tempo que advirte que si se empeñan en ir aos xuzgados, o sindicato acudirá gustosamente e amparados pola razón e non descarta pedir responsabilidades á empresa ante un claro caso de persecución sindical. CCOO reclama respeto polas leis e democracia xa en CARREFOUR.

No hay comentarios:

Publicar un comentario