CCOO denuncia as inxerencias da dirección de CARREFOUR e a súa actitude antidemocrática no proceso electoral na empresa.
Tras alterar os censos electorais encadrando a candidatos de CCOO nos colexios electorais que non lle corresponden pola súa categoría profesional, a dirección de Carrefour presiona á mesa electoral para que non acepte as reclamacións presentadas polo sindicato.
A Sección Sindical de CCOO en Carrefour-Ourense, denuncia públicamente a manipulación que está realizando a empresa do proceso electoral que está en marcha utilizando artimañas antidemocráticas e ilegais para evitar que CCOO poida obter representación no Comité de Empresa.
A táctica da empresa consiste en encadrar ás persoas candidatas de CCOO en colexios electorais que non lle corresponde pola súa categoría profesional, impedindo deste xeito a libre concurrencia e en situación de igualdade nas eleccións sindicais dos candidatos e candidatas de CCOO, tal e como vimos denunciando dende o inicio do proceso.
En base á lexislación vixente en materia de eleccións sindicais, CCOO presentou a reclamación correspondente ao censo electoral publicado, cos argumentos legais correspondentes. Ante esto, a dirección da empresa presionou á mesa electoral para que non aceptara as alegacións presentadas por CCOO e que, polo tanto, elevará o censo electoral a definitivo coas modificacións impostas pola empresa.
Ante esta situación, CCOO convocou unha concentración de delegados e delegadas diante as portas de CARREFOUR o día 27 de outubro e que se prolongou dende as 11:00 horas ata as 20:00 horas, para denunciar publicamente esta inxerencia que CCOO intolerable despois de mais de 30 anos de democracia.
CCOO, sinala, que Carrefour pretende impedir a normalidade democrática na súa empresa, impondo a representatividade de FETICO (sindicato de empresa), que se prega aos intereses da empresa, por riba dos intereses dos traballadores e traballadoras. De ahí o seu interese en evitar por tódolos medios posibles, que os sindicatos de clase obteñan representatividade e poidan loitar polos dereitos dos traballadores e traballadoras.
CCOO vai someter a laudo arbitral a decisión de elevar o censo electoral a definitivo por parte da mesa electoral ó tempo que continuará coa denuncia pública da actuación dos responsables da empresa, que a xuízo do sindicato, constitúen un incumprimento flagrante de normas básicas de carácter democrático e legal, non descartando ningunha outra medida de presión.

No hay comentarios:
Publicar un comentario