Máis de 20.000 persoas mobilizáronse nas principais vilas e cidades galegas polo emprego e a xustiza social
Estas mobilizacións enmarcáronse na Xornada de Acción Europea, convocada pola CES baixo o lema "Basta xa!, existen alternativas, polo emprego e a xustiza social", que se reproduciu en moitas outras cidades españolas e do resto de Europa
29-2-2012.- Máis de 20.000 persoas, convocadas por UGT e CCOO, mobilizáronse esta tarde na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Viveiro, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo en defensa do emprego e a xustiza social. As concentracións e manifestacións formaron parte da Xornada de Acción Europea, convoca pola Confederación Europea de Sindicatos (CES) para que os traballadores e traballadoras da UE puidesen expresar o seu rexeitamento ás políticas que as autoridades comunitarias están impoñendo, e apoiar tamén as alternativas do movemento sindical para saír da crise.
Precisamente, froito destas políticas, o Goberno de España impuxo unha reforma laboral inxusta cos traballadores e as traballadoras, ineficaz para a economía e inútil para o emprego. Unha agresión en toda regra aos dereitos da clase traballadora e cargada de ideoloxía ultraliberal que contenta aos mercados e á chamada troika europea. Esta é unha reforma laboral na que todos os seus camiños conducen ao despedimento, é, en definitiva, a normativa laboral máis dura e perniciosa das que se teñen feito neste país no período democrático.
Esta reforma facilita e abarata o despedimento; suprime a autorización administrativa para os ERE e ábrese a porta para despedir o persoal con contrato laboral fixo das administracións públicas. Permítese o despedimento procedente de traballadores e traballadoras que teñan unha baixa xustificada por enfermidade. O novo contrato para empresas de menos de 50 traballadores, especialmente bonificado, terá despedimento libre e gratuíto durante o primeiro ano. Este contrato, xunto co novo, e tamén precario, de formación para mozas e mozos desmenten todo o dito sobre a necesidade de reducir os tipos de contratación. Tamén se degrada o contrato a tempo parcial permitindo que o empresario modifique unilateralmente a súa xornada. No referente á negociación colectiva, vulnera en cuestións claves o acordo recentemente subscrito entre CCOO, UGT e CEOE-CEPYME, concedéndolle ao empresario a capacidade para modificar unilateralmente todo o pactado no convenio, incluídos os salarios, equiparando as causas de descolgue ás do despedimento obxectivo. UGT e CCOO denuncian que toda a nova norma está orientada a individualizar as relacións laborais, potenciar o convenio de empresa e reforzar ao máximo a capacidade de decisión unilateral dos empresarios para fixar as condicións de traballo, debilitando a capacidade de acción dos sindicatos para defender aos traballadores e ás traballadoras.
MÁIS MANIFESTACIÓNS O VINDEIRO 11 DE MARZO
Xa para denunciar isto, máis de 140.000 persoas ateigaron as rúas galegas o pasado día 19 e hoxe, de novo, deixáronse oír proclamas e mensaxes contra esta reforma laboral, en defensa do emprego e dos servizos públicos. Pero a loita non vai acabar aquí, o vindeiro día 11 de marzo ambos sindicatos convocan unha nova xornada de manifestacións en todo o país contra a reforma laboral e en defensa dos servizos públicos, que forman parte dun proceso sostido e crecente de mobilizacións.
CCOO e UGT denuncia que dende maio de 2010 as institucións da UE están impoñendo políticas de austeridade, axustes orzamentarios e recortes sociais e as chamadas reformas estruturais, especialmente nos mercados de traballo, como exemplo claro disto o que ven de suceder neste país. Estas políticas, que tiñan como obxectivos declarados gañar a confianza dos mercados para que os estados puideran financiarse con tipos de xuro baixos e reducir os niveis de déficit e débeda públicos nun corto espazo de tempo, resultaron un claro fracaso. A crise das débedas soberanas estendeuse e fíxose máis aguda. E os danos colaterais destas políticas son dramáticos, pasouse da recuperación da economía a unha nova recesión en toda a UE, o paro incrementouse, o mesmo que a pobreza e a desigualdade. A crise pasa a ser social e política.
Os fundamentalistas neoliberais gobernan Europa, dun modo non democrático, baixo o ditado e ao servizo dos intereses do Goberno e dos poderes económicos de Alemaña. En lugar de recoñeceren o fracaso das súas políticas e rectificar, quérenas consagrar nun novo Tratado para a "gobernanza económica". Pero o novo tratado só fala de como impoñer a máis estrita disciplina orzamentaria e de como lles arrebatar nada menos que a soberanía orzamentaria aos estados. Por esta razón, UGT e CCOO rexeitan radicalmente o proxecto do novo Tratado.
A CES, da que CCOO e UGT forman parte, advirte de que coa aplicación do novo tratado "os interlocutores sociais, europeos e nacionais, tamén quedarán apartados de decisións que lles afectan directamente". "Equivócase no diagnóstico o Consello Europeo ao achacar a caída do crecemento económico só á inestabilidade financeira, sen mencionar a súa causa principal: a depresión da demanda interna europea motivada polas mesmas políticas de austeridade e axustes".
O sindicalismo europeo xa presentou alternativas sólidas a políticas tan inxustas como fracasadas. Fronte á crise das débedas soberanas: emisión de eurobonos, reforma do Banco Central Europeo, imposto ás transaccións financeiras; supresión de paraísos fiscais; regulación do sistema financeiro para que os poderes públicos gobernen os mercados, e non á inversa como sucede hoxe.
Fronte á recesión económica e o desemprego, un plan europeo de investimentos en economía sostible, programa europeo de emprego xuvenil, ampliación dos prazos para a redución dos déficits públicos....
Fronte ás contrarreformas estruturais, un novo contrato social europeo para renovar e reforzar os piares do modelo social europeo e preservar o dereito laboral e á negociación colectiva.
E, fronte ao modelo antidemocrático do novo Tratado, goberno económico de Europa que teña tamén competencias sobre impostos e persecución da fraude fiscal, que priorice o emprego e o crecemento sostible, que se ocupe das políticas industriais, enerxéticas e medioambientais e que responda ante o Parlamento europeo.
En España, a aplicación das políticas de austeridade e recortes sociais están a ter efectos devastadores na actividade económica e no emprego. Coas cifras máis elevadas de paro da UE e aumenta o número de familias con todos os seus membros no paro. Loxicamente, isto fai que se disparen os índices de pobreza.
Os recortes orzamentarios en todas as administracións públicas, ademais de impoñer importantes reducións salariais nos empregados públicos, a conxelación das pensións e o afundimento do investimento público, están producindo a perda de ducias de miles de empregos. Especialmente grave é a deterioración dos servizos públicos fundamentais, en particular, da educación, a sanidade e os servizos sociais; deterioración das condicións laborais de quen traballan neles e da calidade do servizo prestado á cidadanía. De continuaren os recortes, a deterioración dos servizos públicos será irreversible.
Aquí en Galicia, aos empregados e empregadas públicas acábanlles de impoñer unha serie de recortes inxustos e desproporcionados que van conducir non só á deterioración dos seus dereitos como traballadores e traballadoras, senón á propia deterioración da calidade dos servizos, o que repercutirá negativamente na cidadanía, que é a súa destinataria. Medidas que están a ser contestadas nas rúas polos empregados e empregadas públicas que continuarán a súa loita ata que se lles restauren os seus dereitos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario