Fecoht Informa

Fecoht Informa

26 abril 2011

Sánchez Aguión: «Reclamamos no Primeiro de Maio políticas que sitúen o emprego como elemento central»

Os secretarios xerais de Comisións Obreiras (CCOO), Xosé Manuel Sánchez Aguión, e UGT—Galicia, José Antonio Gómez, presentaron esta mañá os actos e reivindicacións para o 1.º de Maio. O máximo responsable de CCOO reclamou políticas que sitúan o emprego como «elemento central».





Sánchez Aguión lembrou que a reforma laboral «non cumpriu ningún dos obxectivos que prometía conseguir», polo que considera que é «inútil» e debe ser modificada. Precisamente iso é o que persegue a iniciativa lexislativa popular (ILP) conxunta de CCOO e UGT, presentada hai poucas semanas, que pretende reverter os aspectso máis lesivos da devandita reforma.O secretario xeral de Comisións Obreiras sinalou que o 1.º de Maio é unha «data reivindicativa, de loita», e enfatizou que os sindicatos maioritarios, CCOO e UGT, realizarán actos conxuntos en todo o Estado español situando o emprego «no centro das nosas reivindicacións».






En Galicia haberá manifestacións conxuntas en diferentes localidades.






O acto central será en Vigo, ás 12 horas, no cruzamento da Vía Norte con Urzáiz.



Na Coruña ás 12 sairá a manifestación sairá ás 12 da Praza da Palloza;



en Ferrol, ás 12 horas da Praza do Inferniño;



en Santiago, concentración ás 12 na Praza das Praterías;



en Lugo, a manifestación sairá ás 12 horas do edificio sindical;



en Viveiro, ás 12 do edificio de sindicatos;



en Ourense, ás 12:30 do Pavillón dos Remedios;



en Arousa, ás 12 da Praza da Ravella.






Outros actosEn Pontevedra, manifestación en solitario de CCOO que partirá ás 12 da Praza da Ferrería.






Na Coruña, unha hora antes da manifestación, ás 11 horas, haberá unha ofrenda floral no cemiterio de San Amaro, tamén conxunta con UGT.






O día 28 haberá unha concentración diante da sede da Confederación de Empresarios de Ourense.






En Vigo, o día 29, entregaranse os Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario